Non sei se é improcedente ou non nesta lista.

Trátase dun resumo (12 páxinas) moi directo e ben explicado sobre os
cambios da nova normativa ortográfica e gramatical do castelán (a
partir de 2009).
Paréceme un excelente exemplo de divulgación porque hai cambios moi
rechamantes en cousas moi frecuentes.

http://www.sm-ele.com/ver_noticia.aspx?id=26100

Para o galego é relevante dado a forte interferencia que o castelán
supón no galego que falamos, é dicir, que moitas veces aparecen formas
castelanizadas en galego que van alén do léxico e tocan a gramática e
a ortografía, que é moito máis grave.

Resúltame curioso observar como estes cambios no castelán son
correspondentes co galego actual tamén. Case diría que algunhas cousas
parecen galeguismos no castelán (aceptados ou rexeitados) e que
realmente o galego actual tamén se enfronta case que ás mesmas
cuestións e sería interesante elaborar contraste coas formas galegas
nos mesmos casos. Para clarificar.

Está ben saber o que está ben ou non. Habería que estudar se os
corrrectores ortográficos e gramaticais que se usan en castelán están
actualizados (supoño que si)

P.S.
Tamén serve para desmontar ese prexuízo de que o galego normativo é
unha lingua inestable, que cambia a capricho, mentres o castelán en
unha lingua seria.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a