En 20/11/12 15:26, Lucia.Morado escribiu:

Ola Fran,

Aproveito este fío de conversa para escribirche a ti persoalmente.
Defendín a tese a finais de setembro e o mes pasado empecei a traballar
na universidade de Xenebra como profe de localización. Pensei que tería
máis tempo libre ao rematar a tese, pero non ando moi sobrada coma
sempre :). Gustaríame comezar a colaborar coa tradución agora que xa non
teño a excusa da tese. Poderiasme asesorar un pouco e poñerme xa
pequenos traballiños?
Xa non utilizo case este enderezo electrónico ao xa non traballar na
universidade de limerick. Prefiro comunicarme ben a través do meu
enderezo persoal (luciamor...@gmail.com) ou do meu novo traballo
(lucia.mor...@unige.ch).

Non escribo directamente á rolda porque creo que non estou preparada
para comprometerme con grandes proxectos eu soa, prefiro comezar baixo a
túa tutela e ir vendo como me organizo co tempo.

Graciñas,

Lucía


-------- Message d'origine--------
De: socios-boun...@trasno.net de la part de Fran Dieguez
Date: mar. 20/11/2012 13:56
À: soc...@trasno.net
Objet : Re: [Socios] [Mozilla] Alg?n voluntario para levar a
coordinaci?n de Mozilla

En 20/11/12 09:07, damufo escribiu:
 > Boas:
 >
 > Envío aquí este coreo polo carácter pesimista do mesmo.
 >
 > Non sei se é impresión miña pero a cousa está bastante frouxa en canto a
 > xente voluntaria.
 > Ao contrario do que se podería pensar, apatía e mesmo desprezo da xunta
 > cara o galego, con tanta xente no paro que podería empregar algo de
 > tempo ao voluntariado (seguramente, como é lóxico están máis preocupados
 > por non ter traballo que por colaborar nun proxecto de tradución), a
 > mocidade cada vez máis españolizada...
 >
 > Corrixídeme se me erro, entre outros temos de "coordinadores"
 > - mozilla está Keko, e non da abasto
 > - Openoffice/LibO Antón Meixome
 > - Gnome Fran
 > - Minino e un montón de colaboracións Miguel Bouzada
 > - Tamén están Xosé Calvo e outros que seguro se me están a esqueceer
 >
 > Pero salvo axudas puntuais, os coordinadores realmente penso que
 > coordinan pouco máis ben traducen e xestionan e levan o peso de todo =
 > queimarse.
 >
 > Non chegamos á xente, é o que dicimos sempre. Ultimamente estou a
 > preguntarme o impacto das nosas traducións, fáltanos estatísticas de
 > uso... Poida que esteamos a traducir cousas que realmente teñen pouco
uso.
 >
 > A min tamén me gustaría traducir outras cousas distintas de Joomla!,
 > máis de tampouco dou abasto, de momento vou aguantando aínda que me
costa.
 >
 > En canto a mozilla en concreto. Eu penso que viven no mundo de yupi, e
 > aos feitos me remito. Non creo que haxa neste momento ninguen dispoñible
 > para substituir a Keko (oxalá me erre, canto me gustaría), polo que
 > poida que ao mellor sería centrarse no que se usa moito.
 >
 > En canto a mozilla refírome ás páxinas web, non acabo de ver a súa
 > rendibilidade, en mozilla eu centraríame unicamente en firefox e
 > thunderbird como moito. Se é requisito de mozilla o das páxinas web
 > poida que non compense estar no sistema e si montar us sitio
 > centralizado onde por todo e así de paso chamar á colaboración.
 >
 > En fin, falo desde a desesperación, cando me gustaría estar errado...
 >
 >
 >
 >
 > En 18/11/2012 23:55, Enrique Estévez Fernández escribiu:
 >> Ola.
 >>
 >> Xa o deixei caer hoxe a tarde nunha mensaxe na lista do equipo galego
 >> de localización de Mozilla. Non me chega o tempo para atender Mozilla
 >> en condicións e tampouco conseguín facer o que pretendía, que era
 >> saber como funcionaba e conseguir argallar un método de traballo no
 >> que todo o puidera colaborar e que fora fácil de xestionar polo
 >> coordinador.
 >>
 >> O tempo non dá para máis. Teño Mozilla moi abandoado, vou a trancas e
 >> barrancas, e así non pode ser. Nin para a xente que queira colaborar
 >> nin para sacar os produtos ben localizados ao galego e a tempo. Fai
 >> case tres anos que me puxen a isto e pola forma na que o xestiono, só
 >> traballo eu, e ten que ser culpa miña. Hoxe cando fun a
 >> galician.mozdev, decateime de que ía facer tres meses que non se
 >> enviaba un correo a lista. Vedes, existe un problema, e ten quer co
 >> coordinador, que non coordina e para iso está.
 >>
 >> Espero que en Trasno, se presenta algún voluntario na lista de
 >> Mozilla. Ou se teño sorte, presentarase algún da lista do equipo.
 >> Seguro que hai alguén que quere dar un paso adiante.
 >>
 >> Saúdos.
 >> _______________________________________________
 >> Proxecto mailing list
 >> Proxecto@trasno.net
 >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 >>
 > _______________________________________________
 > Socios mailing list
 > soc...@trasno.net
 > http://listas.trasno.net/listinfo/socios


   Toda a razón.

Salvo colaboracións puntuais o traballo diario realízano os
coordinadores nos seus respectivos proxectos.

O mesmo pasaría en GNOME se eu deixara de traducir. De todas formas
GNOME en a vantaxe de que a metodoloxía e burocracia de tradución é
moito máis simple que en Mozilla.

Saúdos

--
Fran Dieguez
_______________________________________________
Socios mailing list
soc...@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/socios



Ola Lucía,

sen dúbida a túa axuda é benvida sexa en GNOME ou sexa noutro proxecto.
No caso de GNOME hai moitos proxectos pequenos que precisan da súa axuda e que poden ser un bó berce de inicio.

Neste sentido nos últimos meses estiven creando documentación (aínda falta moito por revisar e completar) para que as persoas que queiran comezar en GNOME teñan un lugar onde acudir sen ter que eu explicar unha e outra vez o mesmo polo chat.

http://gnome.gl/manuals

Sempre recomendo comezar por algún aplicativo pequeno dos extras de GNOME
http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-extras/ui/
para coller que a xente colla soltura e eu poida revisar as súas traducións, desta forma eu remítolle as revisións e así non volven ter os mesmos erros de novo.

Saúdos

--
Fran Dieguez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a