Boas:

En 28/11/2012 12:13, Miguel Bouzada escribiu:
Insisto... debe (IMHO) traducirse todo.

+1
Unha cousa que atopei no foro de "es" de wodrpres:
¿Algun@ sabe cómo quitar del *Widget Comentarios* los pingback que
aparecen como si fueran comentarios?

e unha entrada que atopei no Google+
Será cosa mía, pero sinceramente, cada vez que escucho a alguien
soltando una palabra en inglés por cada frase en español que dice,
siento vergüenza ajena.

:-)

widget → está fixado como: trebello
plugin → está fixado como: engadido/complemento (segundo a estrutura)
trackback → non está fixado, eu emprego retroacceso
pingback → non está fixado nin discutido, nunca se me deu o caso


Por exemplo no Joomla! temos
plugin: engadido
module: módulo
complement: complemento

As diferencias son sutilezas, realmente todos poderían ser engadidos ou mesmo trebellos

Se non traducimos estamos a fixar un termo que nada ten que ver co galego, eu penso que o que o prefira, sempre ten a versión orixinal.


engadir estes termos para unha Trasnada?

2012/11/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com
<mailto:cestevez2...@gmail.com>>

    Boas de novo,

    eu non apuntaba á coherencia coas versións anteriores, senón coas
    versións noutros idiomas, nas que se manteñen por norma xeral catro
    palabras que se converteron en terminoloxía propia de wordpres:
    widget, plugin, trackback e pingback. É certo que por similitude
    poderíamos aportar unha tradución a cada unha desas palabras, pero
    considero que existen diferencias suficientes como para non ser un
    equivalente perfecto.

    Cada un deses elementos ten unhas características propias que o
    diferencian de outros elementos similares que podemos ver noutros
    tipos de software. É por iso que dubido que sexa correcto traducir
    neste caso, xa que, como xa mencionei, non temos un equivalente e,
    ademais, estaríamos realizando unha tradución dunha terminoloxía
    propia, sen equivalentes reais noutros softwares.

    Saudiña



    2012/11/28 damufo <dam...@gmail.com <mailto:dam...@gmail.com>>

        Boas

        En 28/11/2012 8:49, Xose M escribiu:

            Olá
            os widgets en wordpress son máis ben plugins, engadidos,
            pequenas pezas
            cunha función concreta que se engaden ao páxina web para mostrar
            información (nube de etiquetas, listado de entradas, liña de
            tempo de
            twitter, ....) e ferramentas como cadro de búsqueda, ligazóns
            externas,...  Son as "cousas" que se ven nos laterais das
            bitácoras (ou
            ao pé).
            A palabra trebello a min, personalmente, non me parece que
            describa o
            que significa widget neste caso. Eu por trebello entendo
            algo físico,
            hardware, e se non atopas nada mellor pois eu seguiría
            usando widget sen
            traducir. Dado que son pequenas pezas de código cunha función
            establecida e acotada eu creo que incluso se podería tratar como
            "aplicativo", un programa vamos.

            saúdos a rolda


        Tamén tes razón... visto así sería un engadido, módulo ou
        complemento (isto é o que se emprega en Joomla!).

        Vaia! agora xa temos varias traducións posíbeis... máis razóns
        para non deixar sen traducir.

        A todo isto, grazas Cristian! por ocuparte da tradución do
        wordpress.


            2012/11/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com
            <mailto:adriyeticha...@gmail.com>
            <mailto:adriyetichaves@gmail.__com
            <mailto:adriyeticha...@gmail.com>>>

                 __


                 A coherencia con versións anteriores non debería ser un
            problema,
                 senón non se mellora. En este caso concreto,
            precisamente, creo que
                 a tradución correcta sería «trebello», dado que non se
            trata de
                 simples elementos gráficos, senón que un «widget» pode
            ser case
                 calquera cousa (gráfica).

                 Se aínda así optas por «widget», procura empregar
            «widget» e non
                 «Widget» (vexo que nos correos estalo a poñer en
            maiúscula, non sei
                 ben por que, pero non hai motivo para poñelo sempre con
            maiúscula
                 inicial na tradución).

                 Un saúdo!

                 O Martes, 27 de Novembro de 2012 23:16:48 Cristian
            Estévez Hermida
                 escribiu:

                 En realidade, está a medio camiño entre un botón
            gráfico e un
                 programa especializado, inda que o normal é que se
            empregue máis coa
                 funcionalidade dun botón. Creo que optarei por Widget,
            xa que creo
                 que é a opción que máis se achega e así mantense a
            coherencia co
                 resto de versións de Wordpress.


                 _________________________________________________
                 Proxecto mailing list
            Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
            <mailto:Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>>
            http://listas.trasno.net/__listinfo/proxecto
            <http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>




            --
            *Xose M*

            ----------------
            Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
            ----------------



            _________________________________________________
            Proxecto mailing list
            Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
            http://listas.trasno.net/__listinfo/proxecto
            <http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>

        _________________________________________________
        Proxecto mailing list
        Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
        http://listas.trasno.net/__listinfo/proxecto
        <http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>



    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




--
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a