O Domingo, 27 de Xaneiro de 2013 21:55:56 Leandro Regueiro escribiu:
> 2013/1/27 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > PS: Leandro, tes actualizado cos resultados da Trasnada 12.1 o aplicativo
> > web que pasaras despois da 12.0? Teño pensado usalo para crear o módulo
> > “trasno”, e en calquera caso cómpreme telo a man cando traduzo.
> 
> Se te refires á paxina web de consulta dinámica, non houbo
> actualizacións desde antes de verán (no contido).
> 
> Na última Trasnada deciudiuse cambiar a forma de tratar a
> terminoloxía, reforma que aínda está pendente de botar a andar, pero
> co tema da migración de servizos do sitio do Proxecto Trasno, algún
> proxecto persoal, algunha tradución que estiven a facer, e tamén coa
> busca de traballo ao final non lle dediquei todo o tempo que debería.
> A ver se nos vindeiros días saco tempo para botar isto a andar dunha
> vez xa.

Só quería facer fincapé en que me parece unha ferramenta sumamente útil.

Pero tampouco é algo que me corra présa. Por min pode esperar ata despois da 
seguinte trasnada, ou o ano que ven se me apuras.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a