Moi ben vida!

Sería excelente que puideses vir á Trasnada e senón pois xa nos vemos por aquí.

Antón Méixome

2013/11/14 Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>:
> Pola parte de "culpa" que poida ter en que esteas por aquí, espero ser o
> primeiro en darche a benvida! :)
>
> Como xa che comentei, pola túa formación seguramente poidas aportar moito,
> así que é unha ledicia sumar unha mais.
>
> Como consello para ir empezando, non teñas presa por abarcar todo de
> primeiras, pero tampouco deixes que os detalles te boten para atrás. Segundo
> vaias coñecendo un pouco mais o proxecto e poidas decidir que é o que podes
> e queres aportar, estaremos aquí para axudarche e guiarte.
>
> Se podes aproveitar a pasar pola Trasnada do sábado, sería unha boa ocasión
> para coñecerte e darche a coñecer de primeira man o traballo que se fai, e
> se non, cando che cadre ben buscamos un momento para tomar unha cervexa e
> explícoche o que precises. Sendo veciños de concello, malo será que non nos
> cadre ben algún dia! :)
>
> Un saúdo!!
>
>
>
> 2013/11/14 María Fosado <m-fos...@hotmail.com>
>>
>> Boas!
>>
>> Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante e
>> tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e Interpretación na
>> Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para Profesorado
>> na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas: galego, español,
>> inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas favoritas no campo da
>> tradución son a tradución multimedia, a localización web e a tradución
>> musical.
>>
>> Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora
>> tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra banda,
>> apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer desde
>> que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos. Recentemente,
>> tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora,
>> intérprete e redactora freelance.
>>
>> E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en
>> contactar comigo! ;)
>>
>> Boa noite!
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
>
> Xabier Villar
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to