Saudos,

Primeiro de todo, desculpade se este correo non entra dentro do tema da
lista, mais entendo que pode ser interesante. Na Asociacion Cultural Chuza
levamos certo tempo cavilando como manter actualizada a traduccion da web,
sobretodo tendo en conta que de vez en cando facemos trocos que nos
obrigarian a xerar outra vez os arquivos de traduccion.

Para resolvermos este problema, e despois de valorar diferentes solucions,
atopamos que o software Pootle http://pootle.translatehouse.org/ vén sendo
dos mais axeitados. O que pretendemos seria tanto usalo para a nosa web
como ofrecelo como servizo gratuito para outras webs galegas ou que queiran
empregar o galego en calquera das suas formas e non teñan acceso doado a
ferramentas de traducción.

A instalación e administración do paquete non é trivial e, ainda que temos
unha version de proba no noso VPS, vai bastante lento http://pootle.chuzagl
. Se alguen nos pode botar unha man, estaremos moi agradecidos. En calquera
caso, todos os vosos comentarios sobre o tema son benvidos.

Grazas

-- 
Manel Villar
Paulsborner Str. 9
10709 Charlottenburg
Berlin (Deutschland)

Tel: (+49) (0)162 6574604
skype: manel.villar
mane...@gmail.com

*"Ars longa, vita brevis"*
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a