Pola parte que nos toca do tanto :-)

Sabemos, de xeito indirecto, desta migración, mais oficialmente (que menos
que un correo) non temos nin idea de que é o que queren facer. Nós
estariamos encantados de colaborar e axudar na migración.

Neste momento temos unha imaxe que en breves imos actualizar. Para os que
tedes algo máis de interese informámosvos... A imaxe actual
https://minino.galpon.org/ISO/minino-artabros-2.0.iso
debese (é oportuno) actualizala co script
http://minino.galpon.org/public/updates/update_minino_230614.sh

Nota: este script está «vivo» polo que pode ser actualizado en calquera
momento.


2014-06-24 19:02 GMT+02:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>:

> Recibín isto do asesor informático de zona do meu instituto:
>
> «««
>    Quizais xa coñecedes que no mes de abril rematou o soporte de Microsoft
> ao sistema operativo Windows XP.  Por iso, estase levando a cabo nos
> centros educativos unha migración a GNU-Linux. No mes de xullo e agosto é
> unha boa ocasión para realizar esta tarefa, xa que os equipos de
> mantemento non teñen tantas incidencias dos centros, e contamos cunha
> maior flexibilidade. Pero tamén poden facer tarefas de mantemento noutros
> sistemas operativos como o Microsoft Windows 7 ou calquera distribución
> GNU-Linux.
>
>    Para iso, só teñen que enviar un correo electrónico á UAC
> (u...@edu.xunta.es), solicitando o mantemento e a migración a GNU-Linux, se
> fora o caso. Deben de sinalar o número de equipos aproximado no cal se
> quere facer o mantemento, mencionando a marca e o modelo. Tamén sería de
> interese que os equipos de mantemento coñeceran os modelos de impresora
> que dispón o centro (non é imprescindibel).
> »»»
>
> Pregunteille se me podía pasar unha maqueta para probala e esta é a
> resposta:
>
> «««
> (...)non deixa de ser a distribución Minimo de Galpon
> (minino.galpon.org). E qué iso do Minino?. Pois é un Debian  7 Wheezy,
> ao cal lle poñen o escritorio ldxe, con interface de usuarios lightdm,
> un xestor de ficheiros moi lixeiriño como o pcmanfm, etc. Ademais non
> instala por defecto servizos como o samba ou o ssh. É dicir, é un
> Debian7 moi lixeiro, pero sen perder as características de Debian que
> a todos nos namoran, e podendo instalar os servizos que queiramos
> (polo menos en principio). Falei cos compañeiros de microinformática e
> dinme que é un Minino Artabros 2.0 ao cal lle instalan bastantes
> aplicacións, centrándose fundamentalmente naquelas de contido
> didáctico, e substitúen o iceweasel por firefox, para que lles resulte
> máis coñecido o navegador a primeira vista.
> »»»
>
>
> Parabéns, polo tanto!
>
> Xosé
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a