"Trasno Translation Toolkit", ou "Trebellos de Tradución de Trasno  ;D

Non a poderei probar até dentro dun mes, estou de viaxe.

Xosé
On Aug 1, 2014 8:49 PM, "Miguel Bouzada" <mbouz...@gmail.com> wrote:

> Algúns de vós lembraredes que vai para dous anos, pretendín facer unha
> distro con toda canta ferramenta de tradución atopara, das libres
> obviamente, e deixala preparada para poder, especialmente, empregala nos
> obradoiros, etc...
>
> Despois de deixalo de lado, por cousas persoais, retomei o proxecto e xa
> está dispoñíbel para descarga a primeira alfa
> http://minino.galpon.org/ISO/minino-ttt-0.1.iso
> nos vindeiros días, segundo vaia evolucionando irei incrementando a
> numeración, así que estade atentos.
>
> O nome que pensei en poñerlle é «Trasno Translation Toolkit», de aí o das
> 3 t do nome.
>
> Descargádea e probádea, é hibrida, así que podedes facer un DVD ou un USB.
> se vos decantades por facer un USB non empreguedes unetbootin ou similar,
> usade a orde:
> [sudo] dd if=/enderezo)onde/tendes/a_imaxe of=/dev/sdX bs=2m
> Lembrade, o dispositivo USB non será sdb1 ou semellante, senón o
> dispositivo «completo», ou sexa sdb
> http://wiki.galpon.org/Copiar_una_imagen_ISO_a_un_USB#Galego
>
> Contádeme o que vexades a ver se facemos algo que pague a pena.
>
> Grazas
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a