Boas.

Ahí queda unha reflexión, que pode parecer que non ten que ver coa
discusión. A traducción do WhatsApp non é moi consistente.

> Traducións en galego de WhatsApp (non está nin check mark, nin tick)

> Read receipts
> Confirmacións lectura

> Ticket
> Billete

Seguro que a traducción é Billete

> We couldn't call your number. Please check your number and try again later
> Non puidemos chamar ó teu número. Por favor revísao e téntao máis tarde.

Non segue a guía de estilo de Trasno. Debería ser Non foi posíbel ...

> Unable to connect. Please check that you are connected to the Internet
> and try again.

%s
> Non se puido conectar. Comprobe que está conectado á Internet e ténteo
> outra vez.

%s

> Sorry, we're unable to verify your device because you're using an
> unsupported platform. Please check our website %s for supported
> platforms.
> Sentímolo, non podemos verificar o seu dispositivo porque está a usar
> unha plataforma incompatible. Por favor, visite a nosa web %s para
> consultar as plataformas compatibles.

Sorry traducido como Sentímolo e máis abaixo como Desculpe. Deberían usar a
mesma forma, aínda que as dúas son correctas.

> Unable to check status. Would you like to check system status on the web?
> Non se puido comprobar o estado. Quere comprobar o estado do sistema no
> web?

> There was a problem processing your purchase. Please check again later.
> Houbo un problema ao procesar a súa compra. Por favor, ténteo máis tarde.

Supoño que isto é similar aos erros. Segundo a guía de estilo que usamos en
Trasno, debería usar Produciuse un problema. E sobraría o Por favor.

> Sorry, WhatsApp was unable to complete initialization. Please check
> that you are connected to the Internet and try again.

%s
> Desculpe, WhatsApp non puido completar a inicialización. Confirme que
> está conectado á Internet e ténteo outra vez.

%s

> Aquí non seguen o mesmo estilo. Aquí si que ignora o Please na tradución.

> Unable to check eligibility. Please try again later.
> Non se pode comprobar a elixibilidade. Por favor, téntao de novo máis
> tarde.

Diferente tratamento. Nuns lados usan ti e noutros vostede.

> Check out WhatsApp Messenger for your smartphone. Download it today from %s
> Descobre WhatsApp Messenger para o teu móbil. Descárgao dende %s

> Unable to check status. Would you like to check system status on the web?
> Non se puido comprobar o estado. Quere comprobar o estado do sistema no
> web?

> There was a problem processing your purchase. Please check again later.
> Houbo un problema ao procesar a súa compra. Por favor, ténteo máis tarde.

Xa sei que non ten que ver co fío da conversa, pero eu non lle daría moita
importanca a como traduciron este aplicativo, xa que parece que foi
traducido por moitos e que cada un traduciu como quixo, sen usar ningún
criteiro. Entón, porque vamos usar ou fixarnos en como o fixeron eles?

Xa para rematar, o símbolo empregado é o de menos, o importante é o
significado, polo menos neste caso. Pensade que pode ser como unha icona, e
se cambias as iconas do aplicativo, ao mellor tes outro símbolo ou outra
icona, pero que representa o mesmo. O importante é o que significan nese
contexto. Habería que traducilo de maneira que a xente sepa o que
significa, independetemente do nome do símbolo. E unha cousa moi
importante, seguramente o espazo para traducilo sexa limitado, dígovolo
porque me pasa na tradución de Firefox OS. Non podo traducir Settings por
Configuración, porque non me colle na interface. E traduzo por Axustes.
Pero eu quería Configuración, porque no Firefox, está traducido por
Configuración, é quería manter a mesma escolla nos diferentes produtos de
Mozilla.

Saúdos.

Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a