Bo día!

Xa que me acabo de dar de alta na lista de correo, quería presentarme. Son
Iria Castro, tradutora e intérprete (ou iso intento) e, ademais, bolseira
dunha empresa do naval de Vigo.

Decidín axudar como voluntaria en Proxecto Trasno por varias razóns: a
primeira, porque adoito facer traducións voluntarias para diversas ONGs e a
segunda, porque unha parte do meu traballo como bolseira foi localizar a
páxina web da empresa ó inglés, o que fixo que me interesase un chisquiño
máis pola localización.

Eu creo que para aprender é necesario face-las cousas e non só ler sobre
elas, por iso me inscribín, para poder facer aportacións significativas ó
esforzo que estades facendo dende Proxecto Trasno.

Vou intentar escoller un proxecto para comezar canto antes.

Grazas e un saudiño!


-- 
Iria Castro

Sworn Translator and Interpreter EN>GL>EN
Translator and interpreter EN, PT>ES, GL

(+34) 670 463 933
Skype: iria.castro.fernandez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a