Ola Manuel!

Iso, a poñelos cativos a programar ;) Dado que por aquí nos podería
interesar a varios axudar, poñémonos a compilar/traballar nunha lista de
terminoloxía?

Sobre do iOS. Dende logo que sería unha ledicia ter o galego tamén nos OSX,
e nos iOS, pero é implausible conseguilo. Vendo a lista de linguas no
Yosemite xa se ve o interese empresarial: só linguas con moita poboación
e/ou alta presenza de usuarios. Véxase:
http://www.iphonehacks.com/2014/06/new-dictation-languages-mac-yosemite-ios-8.html
https://developer.apple.com/internationalization/

Onde para o meu gusto destaca o checo e é de por si autoexplicativo. Que
sexa posible depende soamente de Apple.

Disto é de onde nace trasno: da idea de poñer o software libre en galego
porque é o único xeito co que nos gañamos a posibilidade de, non de
reclamalo, senón de traducir sen trabas e manter a tradución. Ou que as
empresas que implementen ese software en equipos lles interese e o fagan
elas. Pola contra, sen, irmochemos a grandes empresas, e revisamos a
historia de traducións, veremos unha morea de exemplos de tradución de
'freesoftware' que acaban morrendo por cambios, ou restricións nas licenzas.

Pero iso, calquera axuda coa terminoloxía para aplicacións para iOS,
adiante con elas!



2014-11-29 11:00 GMT+01:00 Manuel Caeiro Rodrí’guez <mcaei...@gmail.com>:

> Bo día,
>
> Estou interesado en traducción de aplicativos para que os rapaces aprendan
> a programar. Teño traducido o Scratch ao galego


É a túa a tradución que hai integrada no scratch oficial?
Se é así, vai pensando en facerlle unha forte revisión, son moitos os
profes que se queixa dela e constantemente están a solicitarme a tradución
que fixera eu cando a versión que traballa en local non incuía o galego.
Unha das cousas que máis me chamou a atención é a tradución de «sprite» por
obxecto (igual que fai, erradamente, o español) no canto de empregar
«trasno» como fan o resto de linguas románicas.


> e agora estou con CodeCombat. Se hai alguén interesado nestes temas por
> favor contactade conmigo.
>

Eu particularmente teño moito interese nese tipo de ferramentas para
integralas no PicarOS, particularmente xa traducín cousas como «laby»
(coñecido tamén como Ant, polo protagonista, que é unha formiga) e o
incluído en PsyoGame.


> Outro tema que me gustaría mover é o iOS en Galego.
>

Para iso non contes con Proxecto Trasno, máis aló de falar de terminoloxía,
Proxecto Trasno SÓ traduce software Libre e que saibamos iOS non o é.


> Saúdos
>
> --
> Manuel Caeiro Rodríguez
> PhD in Telecommunications Engineering
> Associate Professor (Profesor Contratado Doctor)
> Department of Telematic Engineering
> E.E. Telecomunicación
> University of Vigo
> 36312 Vigo, Spain
> Phone: (+34) 986.813.468
>
> Working in Edu-AREA
> Web http://www.edu-area.com
> Blog http://blog.edu-area.com
> Twiter @edu_area
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a