O 30 novembro 2014 18:44, Leandro Regueiro
<leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 30 novembro 2014 13:54, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> O 30 novembro 2014 11:26, Manuel Caeiro Rodrí’guez
>> <mcaei...@gmail.com> escribiu:
>>> El 30/11/14 10:38, proxecto-requ...@trasno.net escribió:
>>>>
>>>>
>>>> Ola Manuel!
>>>>
>>>> Iso, a poñelos cativos a programar ;) Dado que por aquí nos podería
>>>> interesar a varios axudar, poñémonos a compilar/traballar nunha lista de
>>>> terminoloxía?
>>>
>>> Si adiante coa lista de terminoloxía, para empezar a traducir:
>>>
>>> - Array: Vector?
>>
>> matriz
>
> Vimos empregando matriz, xa que vector limita as dimensións a unha e
> nalgún caso específico array non concordaba co que nós entendemos por
> vector. Todo isto sempre extrapolando os conceptos matemáticos.
>
>
>>> - Pointer: Punteiro? (teño dúbidas xa que me lembra moito ao da gaita e non
>>> é iso).
>>
>> Punteiro, si
>
> punteiro
>
>
>>> - Script: (vin por ahí guión, pero eu prefiro utilizar programa ou senón
>>> deixar o termo script)
>
> script. Aínda que sendo un software para aprender estaría máis aberto
> a traducións non tan literais que faciliten a aprendizaxe, xa que na
> miña opinión a tradución ten que maximizar no posible a utilidade do
> programa.
>
>
>> Guión de execución ou directamente script, no caso de que poida causar
>> confusión en función do software
>
> Algúns están discutidos xa:
> http://people.trasno.net/~common/resultados_trasnadas/prontuario-descomprimido/html_trasnadas.html

Por certo, de aquí en diante intentade que cada termo se discuta nun
fío separado. No futuro facilita moito buscar terminoloxía xa
discutida. Normalmente empregamos como asunto do email:

[terminoloxia] termo a discutir

Por exemplo:

[terminoloxia] pointer


Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a