O 19 xuño 2015 20:41, Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
escribiu:

> Algunha opinión sobre algún dos seguintes 10 cambios que penso aplicar ao
> Pology?
>
> • Modificar:
>     • noPT-2010-dual_search
>         • Non dar como erro a tradución de «look up» como «buscar».
>     • noPT-2011_dock
>         • Non obrirgar a traducir «dock» como «doca» cando non é unha
> palabra solta ou vai seguido de «-able» («dock-able»).
>     • noPT-2011-dual_track3 (tracking ←→ seguimento)
>         • Permitir a tradución de «monitoring» como «seguimento» (e
> «monitored» como «baixo seguimento»).
>

Só como suxestión: neste caso, monitoring / monitored quizais acaia mellor
como supervisión / supervisado


>     • noPT-2011-dual_upload
>         • Ignorar «enviar» cando estea seguido de «por correo», pois pode
> estar a traducir «mail» como verbo.
>     • PT-2013-dual_address
>         • Permitir «enderezo» cando a cadea orixinal contén «URL», sempre
> que vaia seguido de «URL» («enderezo URL»). Aínda que a miúdo traducimos
> «URL» como tal, entendo que a forma más correcta de traducir «URLs» é
> «enderezos URL».
>     • PT-2013-dual_browse
>         • Permitir a tradución de «navigate» e «navigation» como «navegar»
> e «navegación». Actualmente só se permite empregar «navegar» e similares
> para traducir «browse».
>     • PT-2013-dual_server (server ←→ servidor)
>         • Permitir a tradución de «host» como «servidor». Por exemplo,
> para traducir «Pâté host for Python plugins» como «Servidor de Pâté para
> complementos de Python».
> • Eliminar:
>     • clGL-all_linguaxe (linguaxe → idioma)
>         • Dá falsos positivos cando «language» se corresponde a unha
> linguaxe de programación.
>     • kde_about
>         • Está en conflito coa regra de Trasno. kde_about obriga a
> traducir «About» como «Acerca de», mentres que a regra de Trasno obriga a
> usar «Sobre».
>     • PT-2012-dual_programming-language (linguaxe → idioma)
>         • Dá falsos positivos cando «language» se corresponde a unha
> linguaxe de programación.
>
>
> *Notas:*
> 1. Non son nin cambios que me interesen especialmente nin cambios que
> ninguén me pedise, collín os PO de KF5, dinlle ao posieve, e solucionei os
> 10 primeiros problemas que atopei.
> 2. Non solucionei máis por unha mestura de falta de interese e medo a que
> esta mensaxe quedase longa de máis.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to