Por informar,

O problema da desconexión da lista débese a un conxunto de problemas
de administración práctica por parte de Proxecto Trasno. A ningunha
outra razón.

Aínda que xa dispoñemos do dominio trasno.gal, a lista manterase coma
sempre no trasno.net, a non ser que no futuro se decida outra cousa.

Iso por razóns de visibilidade e tamén técnicas xa que senón sería moi
dificil retomar o arquivo anterior, e xa sabedes que o noso "fondo de
armario" é o noso único e máis valioso capital.

Aínda queda moito por recuperar en canto a servizos pero creo que xa
se pode facer uso normal da lista, ademais axuda a detectar problemas.

Adiante,

Antón
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a