Este é texto que propoño para difundir (comentade): En nome da comunidade galega de tradutores voluntarios de software libre «Proxecto Trasno», manifesto o noso dó polo pasamento de Ian, pioneiro e fundador de Debian, un dos proxectos nos que traballamos e que nos reuniron a nós en comunidade aberta desde hai 15 anos co fin de acadar un sistema operativo universal para a súa adaptación á nosa lingua e sen dúbida a máis importante e influente distribución de código aberto ao longo do tempo.Non só o software senón sobre todo os principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando certos de seguirán dando os mellores froitos nas mans dos miles de usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade
(redacto en primeira persoa porque penso remitilo co enderezo de presiden...@trasno.net) _______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto