Boas:
Para min, e en función do comentado é unha notificación (emerxente) que
saia a modo torrada, ou do xeito que sexa penso que pode considerarse
algo circunstancial (moda).
Dani
On 12/01/16 21:32, Leandro Regueiro wrote:
O 11 xaneiro 2016 22:01, Xurxo Barreiro <[email protected]> escribiu:
O primeiro que se me vén á cabeza é «notificación lixeira».
O Luns, 11 de Xaneiro de 2016 14:50:50 Antón Méixome escribiu:
Ultimamente vou atopando unha serie de termos novos que cumpría darlle
unha volta. Non sei se estades a empregar algo
notification/toast
Trátase dun tipo de xanela emerxente que presenta brevemente algún
tipo de info ao usuario na interface tanto de Android coma en Windows.
A metáfora do "toast" queda clara en como se comporta: aparece saíndo
dunha barra de notificacións para logo agocharse como se fose unha
ficha ou unha tostada na tostadora de pan (a RAG prefire, por certo,
torrar/torradora).
Definición en inglés:
Android:
http://developer.android.com/guide/topics/ui/notifiers/toasts.html
Windows:
https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=toast%20notification&refinement=183
Ola,
Se non se emprega "notification" ou outro tipo de notificación eu
empregaría directamente «notificación». Non me parecen tan diferentes
dos "pop-ups" con notificacións que me aparecen no Ubuntu.
Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto