Acabo de facer a instalación e pásame o mesmo. Cubrín un bug en launchpad. Onde podedes facer achegas complementarias ou polo menos premer na parte superior onde di «This bug affects you»

https://bugs.launchpad.net/ubuntu-translations/+bug/1578821


On 05/05/16 16:22, Manuel X. Lemos wrote:
Acabo de facer unha instalación limpa de Ubuntu 16.04 e mesmo problema,
no meu caso fixen a instalación en castelán e ao tentar instalar o
galego da erro e non remata a instalación. Alguén reportou este erro en
Launchpad?


O 25/04/16 15:09, Antón Méixome escribiu:
Alguén probou a instalar de 0 a Ubuntu 16.04?

Atopo un problema:

- A interface de idioma galego non se completa no proceso de instalación
- Ao revisar a configuración de idioma, pide instalar unha serie de
paquetes entre os que está hunspel-gl-es

     Sobre isto aínda instala o dicionario de mínimos que é unha
auténtica rémora porque xa non existe tal normativa e habería que
quitar ese paquete do medio.

- Non consigue instalar ese paquete de hunspell (que é o corrector de
LibreOffice)
- Párase a instalación do galego no sistema.

Probei a instalar con synaptic pero tampouco vai. Seica ten
dependencias que non atopa.

Pode estar mal construído o paquete en Ubuntu?




_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto



_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a