[G11n] Intento de conciliación
Perdoade pola extensión. Fran Dieguez escribiu: Sinceramente creo que no canto de montar plataforma grandiosas e venderlle cousas á prensa habería que traballar máis no capital humano e nas relacións persoais. Non só pola xente que se queira unir senón tamén pola xente que colaboramos dende hai algún tempo que en certa medida queremos ver avances en positivo. Por unha banda estase a xogar en moitas ocasións coa paixón e acción desinteresada de moitas persoas, e por outra banda estase xogando coa posición dunha lingua que pertence a toda persoa que a fala, sexa dunha ideoloxía ou de outra, viva aquí ou fora. Uns antecedentes: - Xa no ano 2006, varias persoas de Trasno defendían nesta mesma rolda de mancomún, insistentamente, a necesidade de centralizar todo en Trasno. Defendían o xeito de facer as cousas deste colectivo, agora asociación. - Tamén nos comezos desta rolda, non lembro cando nin por quen, recibín unha resposta de alguén de Trasno criticando que a CIF debería adaptarse ao xeito de facer as cousas de Trasno. - Cando o evento g11n que organizou mancomún en Compostela, daquela a miña intervención, en nome da CIF, foi a de advertir do perigo que tiña a concentración en mancomún; a reacción da directora xeral foi de lanzarse ao meu pescozo. Defendiamos certo grao de dispersión, para evitar precisamente o que está a pasar agora co desmantelamento de mancomún. O anterior ven ao seguinte: hai moitas maneiras de facer as cousas, e o xeito de Trasno, fundamental para a nosa lingua, é un dos mellores. Porén, ten deficiencias, como é o caso da publicidade (e o que elo conleva respecto de captación de xente nova), e que semella apto so para xente iniciada. Na CIF, coa nosa humilde aportación, cremos nun sistema máis público, máis directo, apto para xente con coñecementos limitados en informática. Hai algún problema en que poidan convivir os distintos xeitos de facer as cousas? É negativo que, estando no mesmo barco, vaiamos en distintos camarotes? Na CIF cremos que os dous sistemas son plenamente compatibeis sen que ninguén teña que renunciar a actuar como se sinte mais cómodo. Cando fai moitos meses Trasno se puxo en contacto coa CIF para falarmos dunha posibel integración, a nosa resposta foi de axudar, que para botar unha man no que plantexaban non era preciso que trasno asumise as liñas da CIF. Porén, aceptamos comezar un dialogo. Lembro que pasei copia dos nosos estatutos por se servía de algo, e explicaba os pasos a dar para constituirse en asociación, para que se vexe que era doado e que trasno non precisaba integrarse na CIF. Vamos, que a CIF valora positivamente a Trasno, e non paga a pena que nos liemos a bofetadas. Esta historia de g11n naceu pola visión que algunha xente tivemos, nomeadamente na ciberirmandade, de que o mundo da tradución non reaccionaba ante o que para os nosos ollos era evidente, o desmantelamento de mancomún. A maiores do que saiu na prensa, eu tiven conversas directas coa Secretaria Xeral (directamente sobre mancomún) e co Director Xeral da Función Pública (relativo ao software libre na administración). Co que sabía, comezamos a facer ruido ante o evidente peche. Finalmente non foi un peche, pero si unha morte longa por inanición (vamos, un futuro blog e pouco mais). Sorprendeunos a falla de reacción (agás a carta certificada dos guls). O momento de facer ruido foi antes do verán. Á volta, xustificouse que si houbo reacción, materializado na creación da asociación de trasno (inda que ben sei que eso era un proxecto anterior). A situación, o inmobilismo, o medo a volver aos tempos do terruño (cada quen na sua leira), levounos a ofrecer colaboración (nomeadamente financiación) para montar un conxunto de ferramentas postas a disposición da comunidade, individuos ou colectivos, no que a ciberirmandade tería únicamente o rol de pagador, pero non de propietario. A reacción foi sorprendentemente negativa. Xa en contacto con Suso, tivemos as famosas duas xuntanzas, en Cangas e en Compostela. Convidamos a asistir a quen quixer, e de trasno non apareceu ninguén. Así que tiramos para adiante co proxecto, sempre coa idea de montar un conxunto de ferramentas a disposición da xente, na que ninguén tivese o mando. É o que chamamos g11n.net e como podes comprobar, na parte mais pública ten so uns foros de debate para marcar as liñas a seguir. Vamos, que a discusión está aberta ainda. Eu non creo que sexa beneficioso crear un ente que coordine senón un ente que proporcione servizos. E neste senso hai moito que andar xa que a día de hoxe non hai metodoloxías de traballo, non hai comunidade cohesionada, non hai sentimento de confianza, non hai recursos lingüísticos que nos axuden e polo momento ( e non son o único que o pensa ) non se está a traballar dende o principio coa opinión de todos. Eu tampouco creo na creación dun ente absoluto. A idea inicial dese ente era exclusivamente fornecer recursos aos
[G11n] Intento de conciliación
Boas. Somos como rapaces pequenos. Primeiros enfadamonos, despois intentamos calmarnos, voltamos a enfadarnos e ao final coma sempre olvidaremonos do conto, morrerá o asunto e seguiremos igual. A infraestructura, como xa dixen noutros lado é innecesaria. Os proxectos grandes presentan a súa infraestructura e é como ten que ser. OpenOficce OpenSolaris NetBeans MySQL Ten a súa plataforma en liña para tradución. Tédela aquí: https://worldserver.sun.com/community Gnome - O Dammed Lies Ubuntu - Ten Launchpad E firefox seguro que tamén terá algo. E en última instanacia sempre está o propio autor, que acepta as traducións no seu sistema de control de versións. Pode ser necesario, un xestor de documentación cunha wiki na que recopilar documentos de como traducir (guías de estilo, glosarios, memorias de tradución,...), na que botarlle unha man aos iniciados e correos de axuda. Pero quen se encarga de manter todo eso?, redactar eses documentos, de guiar a xente... Non pode ser unha soa persoa ou un so coordinador. Deberá ser un coordinador en cada proxecto e axudantes. Despois entre todos pois haberá que consensuar os glosarios, as guías de estilo e demais. Pero cada proxecto teno que coordinar un grupo ou persoa con colaboradores. Alguen se ten que encargar de porse en contacto cos desenvolvedores do proxecto, de verificar a tradución, de correxila, de repartir o traballo, de marcar os prazos da mesma. E eso hai que facelo dentro das listas dos proxectos, coas ferramentas que dan os mesmos. A infraestructura ten sentido para o de coordinar as guías de estilo, a terminoloxía e de redireccionar a xente aos grupos concretos que levan cada proxecto. Despois cada proxecto é independente, xa que cada un ten o seu roadmap, as súas peculiaridades. Non sei. Eu vexoo así. Traballo na tradución do NetBeans, de VirtualBox, de OmegaT, de otros proxectos e non teño porque perder ou non o tempo en cuarenta listas e que se me sature o correo por discusións banais que non acaban en nada e que o único que fan e quitarlle as gañas de traducir a xente. Eu sigo traducindo, estando mancomun, sen estar, sen coñecer a CIF ou a Transo ou coñecendoos. Non vos necesito, sodes unha axuda moi grande e acato os vosos consensos en forma de glosarios e guías de estilo que acordastes e namais. Non reclamo halagos e o único que fago e traducir no meu tempo e intentar que teña a máxima calidade. Non necesito saír na prensa nin darlle visibilidade ao meu traballo. Ata onde coñezo eu, se ti elixes o idioma base do teu sistema en galego, se os aplicativos están ben, e hai tradución xa aparecen en galego e eso é o que quere xente, que estea en galego (para algo elixiron a instalación en galego) sen ter que facer esforzo adicional. A xente non lle preocupa quen o fixo, esa é a verdade. E eu non o fago para que me den as grazas ou levar recompensas, fagoo porque quero, porque me gusta traballar co meu computador en galego e que a xente poida desfrutar desa opción. Por eso, deixamonos de caralladas e poñamonos a traducir. Eu vouno a seguir facendo, mentres quen fai os aplicativos mo permita e non vades ser, nin Trasnos, nin a CIF, nin Mancomun, quen mo vai a impedir. Seguirei os acordos que se produzan e senon hai, pois os da normativa que haxa do galego nese momento. E xa para rematar, cando as cousas comezan mal, rematan mal. Que o traballo fale dos méritos de cada un, non é así como vai esto do software libre. Comparte, se é bo, será empregado e mellorado. Se fas ben as cousas respetarante e gañaraste a confianza. Esta non se pode impor, hai que gañala. Unha aperta. - Mensaje original - De: Minhoca minhoca en ciberirmandade.org Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego g11n en mancomun.org Enviados: Jueves, 29 de Octubre 2009 1:52:44 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / Berna / Roma / Estocolmo / Viena Asunto: [G11n] Intento de conciliación Perdoade pola extensión. Fran Dieguez escribiu: Sinceramente creo que no canto de montar plataforma grandiosas e venderlle cousas á prensa habería que traballar máis no capital humano e nas relacións persoais. Non só pola xente que se queira unir senón tamén pola xente que colaboramos dende hai algún tempo que en certa medida queremos ver avances en positivo. Por unha banda estase a xogar en moitas ocasións coa paixón e acción desinteresada de moitas persoas, e por outra banda estase xogando coa posición dunha lingua que pertence a toda persoa que a fala, sexa dunha ideoloxía ou de outra, viva aquí ou fora. Uns antecedentes: - Xa no ano 2006, varias persoas de Trasno defendían nesta mesma rolda de mancomún, insistentamente, a necesidade de centralizar todo en Trasno. Defendían o xeito de facer as cousas deste colectivo, agora asociación. - Tamén nos comezos desta rolda, non lembro cando nin por quen, recibín unha resposta de alguén de Trasno criticando que a CIF debería adaptarse ao xeito de facer as cousas de Trasno
[G11n] Intento de conciliación
Miguel Bouzada escrebeu: Coas CIF, si, Con que só sabe abandeirarse no traballo alleo, ou sexa, con Suso Baleato, NON Polo que poida suceder no futuro, quero que quede constancia pública deste claro ataque difamatorio que, tras meses de hostigamento, amosa xa perigosos indicios dunha enfermiza neurose obsesiva do remitente contra a miña persona. Saúdos, -- http://susinho.pagina.de/