Problemas na lista de correo
Desculpade, pero tivemos algún problema de administración coa lista de correo. Volvede a enviar á lista os correos destas últimas semanas que enviarades. Saúdos! ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Fwd: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?
Reenviando por se acaso. -- Forwarded message -- From: Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00 Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas? To: proxecto@trasno.net No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non levan espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis): conx.il. D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos da Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e incluso un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como abreviaturas, siglas, símbolos, topónimos, etc. O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua», que na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p. ex.») e outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de 2012² parece ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. ex.»). A raíz disto intentei descubrir cales son os criterios neste sentido no galego, e o único que atopei foi o seguinte na páxina de criterios lingüísticos sobre abreviación da propia UDC³: «O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.» Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque no módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou atopado un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última versión do documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012. Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou desminta a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC? — ¹ http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.pdf ² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf ³ https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abreviacion.html ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Fwd: Completion
-- Forwarded message -- From: mvillarino mvillar...@gmail.com Date: 2014-05-12 23:35 GMT+02:00 Subject: Completion To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net Creo que habería que tratar este termo nunha trasnada. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»
Boas: Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no seu lugar usar «pero» ? ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Fwd: Unha ligazón interesante
Non hai mellor copia de seguranza que deixar algo en internet. -- Forwarded message -- From: mvillarino mvillar...@gmail.com Date: 2014-05-15 13:09 GMT+02:00 Subject: Unha ligazón interesante To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net http://www.unicode.org/cldr/charts/25/summary/gl.html?hide ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
RE: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»
Non vexo a necesidade. Xosé Mensaxe orixinal De mvillarino mvillar...@gmail.com Data: 26/05/2014 23:04 (GMT+01:00) A Trasno - Lista proxecto@trasno.net Asunto Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais» Boas: Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no seu lugar usar «pero» ? ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»
Se o consideras unha recomendación de estilo pode valer. É certo que «mais» resulta unha forma un pouco cultista, refinada pero sen chegar a sairse da lingua común. 2014-05-26 23:46 GMT+02:00 Xosé xoseca...@gmail.com: Non vexo a necesidade. Xosé Mensaxe orixinal De mvillarino mvillar...@gmail.com Data: 26/05/2014 23:04 (GMT+01:00) A Trasno - Lista proxecto@trasno.net Asunto Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais» Boas: Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no seu lugar usar «pero» ? ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?
A regra canónica é moi simple. As abreviacións teñen dúas regras de ortografía que en realidade é unha única regra pero complementaria - abreviaturas → sempre levan punto e os elementos separados - siglas → nunca levan puntos e os elementos deben aparecer xuntos O que non hai (o que non debe haber) en xeral é abreviaturas xuntas con puntos ou sen eles ou siglas con espazos.O quid da cuestión é distinguir cando estamos ante unha sigla ou ante unha abreviatura. Xeralmente, cando les as palabras completas (é dicir cando deconstrúes as abreviación ao lela) entón estás ante unha abreviatura, cando se le como unha palabra nova, tal cal entón tes unha sigla: Ex: EE.UU. (abreviación) // USA (sigla) Pode haber algunha excepción no caso de abreviaturas tradicionais moi consolidadas que sigan outras regras (por exemplo c/ para «conta bancaria») O tema pode complicarse aínda moito máis con acrónimos, latinismos, estranxeirismos, unidades de medida (símbolos), argot profesional, etc. Non hai ningunha fonte definitiva canónica porque non existe unha estilística oficial da lingua galega. As Normas só actúan respecto da morfoloxía e logo o vocabulario está no DRAG (é a única fonte definitiva a este respecto pero na maioría dos casos non aparecen recollidas). Esa é a razón pola cal as Universidades sacaron as súas normas pero desgrazadamente neste aspecto son contraditorias entre si. O consenso actual entre profesionais é este que eu che digo e que segue mais ou menos cabalmente as normas da USC do ano 2007 (obra de Xusto R. Río) que por algo quen dá primeiro, dá dúas veces :-) 2014-05-26 18:03 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: Reenviando por se acaso. -- Forwarded message -- From: Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00 Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas? To: proxecto@trasno.net No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non levan espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis): conx.il. D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos da Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e incluso un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como abreviaturas, siglas, símbolos, topónimos, etc. O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua», que na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p. ex.») e outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de 2012² parece ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. ex.»). A raíz disto intentei descubrir cales son os criterios neste sentido no galego, e o único que atopei foi o seguinte na páxina de criterios lingüísticos sobre abreviación da propia UDC³: «O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.» Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque no módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou atopado un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última versión do documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012. Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou desminta a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC? — ¹ http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.pdf ² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf ³ https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abreviacion.html ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: Fwd: Unha ligazón interesante
Tem carácter oficial a terminoloxía galega que aparece? En 26/05/14 23:05, mvillarino escribiu: Non hai mellor copia de seguranza que deixar algo en internet. -- Forwarded message -- From: mvillarino mvillar...@gmail.com Date: 2014-05-15 13:09 GMT+02:00 Subject: Unha ligazón interesante To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net http://www.unicode.org/cldr/charts/25/summary/gl.html?hide ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto