[G11n] Erro nunha nova

2008-08-04 Thread Frco. Javier Rial
Fallo meu, erro corrixido...
Graciñas polo aviso

Javier Rial

mvillarino escribiu:
> Acabo de ler unha nova na portada en mancomun acerca de que se
> engadiron uns ficheiros ao corpus de mancomun.
>
> Nesa nova hai un erro, a saber: Eu, mvillarino, NON son o coordinador
> da tradución de KDE, o coordinador é Xabier G. Feal. Eu só exerzo as
> funcións, por pedido deste, debido a que está algo escaso de tempo, e
> posibelmente tamén algo canso (opinión propria non confirmada co
> interesado). Esta delegación, polo que a min ser refire, ten caracter
> temporario, sendo a data de remate aquela na que o interesado
> notifique que desexa recuperar a actividade.
> Non obstante, esta delegación entendo que non só conleva as
> autoridades, senón as responsabilidades asociadas ás funcións do
> posto. I.e. que se algo está mal feito debe entenderse que obro por
> min e perante min.
>
> Iso si, síntome alagado
-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez  Técnico
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre   www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113



[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-04 Thread suso.bale...@xunta.es
Boas novas,

Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.

Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental: 
sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo 
posterior. Son os seguintes:

1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
   software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.

2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita 
   ao mandato do cuarto principio.

3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
   periódicamente

4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.

Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica, 
servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en 
xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
suxestións do anterior encontro.

Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

Saúdos,


-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113   


[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-04 Thread Ignacio Casal Quinteiro
O Lun, 04-08-2008 ás 16:16 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Boas novas,
> 
> Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
> trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
> longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.
> 
> Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
> dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental: 
> sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo 
> posterior. Son os seguintes:
> 
> 1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
>software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.
> 
> 2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita 
>ao mandato do cuarto principio.
> 
> 3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
>periódicamente
> 
> 4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.
> 
> Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
> empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica, 
> servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).

Saúdos.
> 
> Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
> máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en 
> xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
> dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
> aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
> suxestións do anterior encontro.
> 
> Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?
> 
> Saúdos,
> 
> 
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: Esta =?ISO-8859-1?Q?=E9?= unha parte de mensaxe asinada
dixitalmente
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080804/a0b45ddf/attachment.pgp
 


[G11n] Cadeas raras

2008-08-04 Thread Ignacio Casal Quinteiro
Printer '%s' is low on developer.

Printer '%s' is out of developer.

Comentarios extraídos:Translators: "Developer" like on photo development
context

Aureal Input Feedback

Comentarios extraídos:Translators: this means sounds that are played as
feedback to user input

Algunha idea de como traducilas?
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080804/c43ad26d/attachment.htm
 


[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-04 Thread suso.bale...@xunta.es
Ignacio Casal Quinteiro escrebeu:
> > 
> Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
> non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
> aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
> esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
> futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).
> 

Pois sí, eu tamén o vexo ben interesante iso. 

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113   


[G11n] Cadeas raras

2008-08-04 Thread Amador Loureiro Blanco
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Boas, o "developer" é un dos compoñentes dunha impresora láser. Non sei 
moi ben como traducilo (supoño que revelador, coma no caso do proceso 
químico fotográfico), pero mañá no choio pregunto que hai expertos nesas 
cousas (das impresoras láser, digo)

Quedaría entón algo así coma:

A impresora '%s' ten o revelador baixo.

e

A impresora '%s' esgotou o revelador.

Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
| Printer '%s' is low on developer.
|
| Printer '%s' is out of developer.
|
| Comentarios extraídos:Translators: "Developer" like on photo 
development context
|
| Aureal Input Feedback
|
| Comentarios extraídos:Translators: this means sounds that are played 
as feedback to user input
|
| Algunha idea de como traducilas?

- --
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org
-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.6 (GNU/Linux)

iD8DBQFIl2OOWO+bHOUHl3MRAoPNAJkBQ4L1QUezP5WS4qDQoTqdZNhMxQCgiOSQ
wvSvxDcAK9XRIz7v7JWJnBo=
=neVn
-END PGP SIGNATURE-