Boas,

Tras máis de meio ano de traballo intensivo sobre iste asunto e máis de cinco
anos de espera:

http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/a-version-en-galego-do-firefox-3-xa-forma-parte-do-repositorio-de-moz.html

Por fin! :-)

Como me tocou asumir personalmente a resolución deste conflicto creo que será
útil partillar o máis relevante da miña experiéncia, que como sabedes me levou
a coñecer persoalmente a moitas persoas chave da Fundación Mozilla, tanto os
da parte europea como a membros fundadores da corporación norteamericana que
foron os protagonistas da histórica liberación do código fonte en 1998, así
como á maior parte dos técnicos/as involucrados nas labores de localización nos 
encontros que tiveron lugar ao longo destes meses de posta en común. 

Dende logo foi unha situación de tensión continua mantida durante todos estes
meses; mais non ocultarei que a oportunidade de coñecer a esa xente, 
protagonista en boa medida dun dos momentos máis importantes na historia da 
industria do software (e por ende do software libre) foi unha experiencia
fascinante e de gran trascendencia para min. Personalmente, direi que mereceu
a pena, tanto pola experiencia humana como pola intelectual xa que me permitiu 
extraer dúas conclusións que quixera extendervos aproveitando a consecución
deste fito.

A primeira refírese á interlocución coa Fundación Mozilla (ou mais ben, coa 
comunidade de persoas que sustenta) creo que sería importante resaltar que a
dificuldade maior non estivo nos problemas técnicos -que os houbo, tanto para
"adiviñar" cómo funcionaban as cousas como para convivir cunha migración do 
sistema de control de versións e un cambio de branch incluído- senón na parte
das relacións humanas: a Fundación Mozilla ten unha cultura corporativa moi
particular con cuestións nefastas (como as que nos tocou experimentar a nós)
mais outras moi positivas que lles permitiron superar durante os dez últimos 
anos todas as dificuldades que se lles foron plantexando, gañando paseniño 
pero con paso firme posicións no disputado biosistema do software. 

En boa parte as dinámicas da Fundación Mozilla comparten o mellor e o peor
do software libre: forte pendente na curva de aprendizaxe, e sólida 
sustentabilidade dos proxectos ao longo do tempo. Por tanto, aínda que a
sensación de frustración que todos e todas tiñamos era real e a 
responsabilidade da Fundación Mozilla era evidente, non soubemos atribuirlle
a súa cota de responsabilidade ao grupo editorial que publicou a nova  
transformando o convite (desinformado) de Nitot nun ataque á comunidade 
galega de localización, e por ende ao conxunto da sociedade galega.

Afortunadamente soubemos recoller ese convite e integrarnos na dinámica de
Mozilla asumindo así a parte de responsabilidade que tamén nós tiñamos; máis
estaba pendente aínda sinalar a responsabilidade do xornal El País naquel
suceso. Tiven a oportunidade de falar personalmente con Nitot e constatar que
non foron esas as súas palabras nin tampouco a súa intención. Se cadra é tarde 
para pedir responsabilidades ao/á xornalista ou ao seu grupo editorial (deixo
iso completamente ao voso critério) mais nunca o é para visibilizar o problema,
especialmente cando se está a facer balance do acontecido. 

A primeira conclusión por tanto é que parte da responsabilidade que atribuímos
á Nitot ou á Fundación Mozilla no seu conxunto, correspondíalle en boa medida ao
xornal El País, que manipulou unhas declaracións que o/a xornalista nin siquera
se ocupou de contrastar. Sobre ista conclusión non abundarei máis, aproveitando
que xa o fixen neste artigo que convido a visitar a quen desexe aprofundar na
tese:

http://www.anosaterra.org/nova/steiner-firefox-galiza.html

A segunda conclusión refírese á natureza da nosa própria intervención e
consecuentemente, ao xeito como creo que deben enfocarse no sucesivo as
políticas públicas de promoción do software libre na Galiza.

No que se refire á natureza da nosa intervención, debo resaltar que tamén na
Fundación Mozilla chamou a atención esta aproximación galega ao fenómeno do
software libre que consisten en baseala no traballo conxunto de voluntariado,
empresas e administración pública. Creo que debe resaltarse por que abunda nos
recoñecementos internacionais dos que foi obxecto nos últimos meses a estratexia
de promoción do software libre da Consellaría de Innovación e Industria nesta
lexislatura -lembremos as da Unión Europea ou a da própria ONU-, pero sobre todo
por que esta dinámica de traballo conxunto revela a existenza dunha cohesión
social que explica, penso eu, esa sorprendente capacidade de resposta que a
sociedade galega amosa cando sinte ameazada a súa supervivencia, ben sexa no 
plano biolóxico como no cultural -se é que ambas cousas poden separarse.

Insisto nesta idea da nosa capacidade de reacción de forma conxunta, pois de
non ter sido pola nosa inmediata reacción coordenada a traverso desta rolda, o 
proceso de integración nos repositorios oficiais de Mozilla teríase alargado 
durante moito máis tempo -no caso de ter sido posibel algunha vez. Esta é unha
potencialidade que demostrou ser útil no caso do Firefox, mais penso que
sería un erro atribuíla en exclusiva á nosa condición de membros da 
tecnoesfera galega, ou mesmo ao uso intelixente que nesa tecnoesfera facemos
do software livre. Hai evidencias de que esta potencialidade se manifesta
noutros ámbitos igualmente importantes; seguindo con esa clasificación
epistemolóxica, poderíamos identificalos na biosfera en casos tan significados
como o que dou lugar á paralización dos verquidos nucleares na fosa atlántica
ou no da resposta social ante a situación creada polo verquido do Prestige; ou
tamén no sociosfera, do que o caso Steiner que menciono no artigo citado é un
bon exemplo de acción colectiva en defensa do próprios valores identitarios.

Se traio esto a colación, é por que sendo así, a vertebración das políticas
públicas en materia de promoción da programación libre deberían atender moito
máis ao afortalamento da percepción por parte da sociedade da utilidade que 
a programación ceibe ten como ferramenta adecuada para a consecución dos 
intereses colectivos e por tanto, da súa supeditación ao que sexa percibido
como de interese público polos axentes de representación convencional. 

Cabería entón perguntarse até qué punto poderían as dinámicas próprias da
libre programación subvertir esa cohesión e consecuentemente, até que punto
podería continuar a ser promovida a libre programación dende a administración
pública na medida en que se tendera a cuestionar ou tensionar o ordenamento
socioeconómico no que operamos, ben for por oposición (caso do antagonismo 
entre os sistemas decisionais verticais e fortemente xerarquizados das 
administracións públicas ou os máis horizontais, de maior presenza nos
proxectos de software libre), por inadecuación (caso do confrontamento entre
as tradicións xurídicas norteamericana e a europea) ou por incompatibilidade
(entre as condicións nas que operan os actuais sectores productivos e as que
requerirían para operar baixo os novos paradigmas de produción) das 
correspondentes políticas públicas. 

Con independencia da resposta -que en todo caso se expresaría en termos de 
grao- o que semella claro é que as políticas públicas de promoción da libre
programación deben dirixirse a reforzar a percepción social da súa utilidade
para a consecución dos intereses colectivos expresados en termos de
afortalamento dos valores identitarios e de reforzamento daquelas dinámicas de 
transformación económica e social que obteñan unha valoración positiva por 
parte da cidadanía. De non facerse así a ausencia de elementos identitarios
e metas de transformación socioeconómica comúns impediría a sublimación dos
conflictos inherentes á implantación dunha lóxica (a da libre programación)
antagónica á que caracteriza a calquera sociedade en fase de tránsito ao
postfordismo: e moi especialmente no caso da nosa, na que a presenza de
elementos identitarios de natureza pre-industrial é tan manifesta.

A conclusión por tanto é que no caso galego as políticas públicas de promoción
do software libre teñen unha clara oportunidade para consolidarse e facerse
efectivas no marco do proceso de construción nacional iniciado no rexurdimento
do século XIX e que tería a súa continuación a través do galeguismo político
durante o século XX. O motivo radica en que este enfoque galeguista toma como
referente principal precisamente o conxunto de intereses colectivos que nos
permitirían neutralizar o conflicto latente, ao tempo que orienta a súa acción 
cara os procesos de transformación socioeconómica demandados pola cidadanía e
que básicamente se corresponden cos que tenden a acelerar a converxencia dos
nosos indicadores cos que na Unión Europea definen os estandares de benestar
social e crecemento económico sempre dentro dunha perspectiva de
sustentabilidade.

Ahí quedan pois esas reflexións por si serviran pra instanciar posta en común
ao respeito; obxeccións, alternativas comentarios... son sempre benvidos.

En todo caso poñervos ao tanto dos traballos en camiño adiantando que están
en camiño as versións oficiais de Thunderbird, Sunbird, Seamonkey e Camino 
(das que cada unha seguirá o seu proprio ritmo). As dúas primeiras xa están 
integradas no repositorio oficial polo que pronto comezarán a disponibilizarse
betas e Seamonkey seguirá ese mesmo camiño a diferenza de Camino, que ten a 
súa própria dinámica igual que sucede co Songbird, que Calidonia (Carlos Neira)
ven de disponibilizar como saberedes:

http://calidonia.blogaliza.org/2008/12/16/songbird-10-en-galego/

Saúdos, grazas e sobre todo: parabéns por este éxito que en todo caso é 
colectivo!

Suso Baleato escrebeu:
> suso.baleato en xunta.es escrebeu:
> > 
> > - Ratificar a proposta feita en Bugzilla para que Mancomún coordene a
>     ^^^^^^^^^                                   ^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^
> >   localización do software da Fundación Mozilla ao galego.
> > 
> 
> Faltaba resolver iste cabo que nos quedaba sen facer; acabo de terminalo fai
> un momento e aiquí deixo o resultado:
> 
> http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/mancomun-e-mozilla-xa-traballan-conxunta-3.html
> 
> Feito iso entendo que o tema social -por así decilo- queda resolto. A miña
> valoración é moi positiva tanto pola repercusión mediática como polos
> compromisos obtidos e sobre todo pola forza que demostramos ser capaces
> de facer traballando xuntos. E agora coido que deberíamos ir pensando en
> celebralo, con comida e bebida físicas a ser posibel :-) 
> 
> En todo caso e, unha vez resolto o tema social, agora temos por diante o
> reto máis interesante: debemos ser quen de cumprir estrictamente os
> procedementos de localización de Mozilla e facelo sen demoras no tempo; e
> non estamos en condicións de cometer erros ou deixar o tema para outro día.
> 
> Posto que iso é tarefa específica do equipo oficial de localización de
> Mozilla todo isto será mellor coordenado empregando a súa própria rolda
> de correo, que vai en CC:
> 
> http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> 
> Polo que estiven mirando na documentación, o proceso de localización non
> é nin moito menos trivial, e vai ser precisa toda a axuda que poidamos
> obter. Personalmente o reto non me asusta, así que xa estou inscrito na
> rolda; nela será onde seguirei traballando en relación a iste tema e
> gustaríame convidar a quen se anime a facer o mesmo.
> 
> Saúdos,
> 
> -- 
> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org       
>  
> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a