[G11n] Erros corrector Hunspell

2009-02-27 Conversa Leandro Regueiro
2009/1/12 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:
 O problema é que moitas delas non son correctas, ou son variantes expresivas
 (arrañaceo !!, etc ) de palabras comúns... e, por outro lado, case non hai
 nada do ámbito informático.polo que o número de candidatas a incorporarse 
 ao
 dicionario será moito menor e precisa dunha minuciosa peneira...

 Non o digo por desanimar senón como aviso de que non se utilice esa lista
 como parte dun vocabulario porque hai demasiado que filtrar. A partir do día
 15 sacaremos un listado o máis depurado posíbel e máis enfocado ao campo
 informático...

 Xa sabía eu perfectamente que ía haber este problema. Sorprendeume un
 pouco a cantidade de palabras que neses diccionarios aparecian co b ou
 o v cambiados respecto a como son agora (p.ex. asovallar). Por outra
 parte fíxeno porque habia certas palabras (non moitas) que me
 sorprendeu que o corrector non aceptara porque eu pensaba que eran
 correctas.

 Non me desanimei. Sabia perfectamente que o traballo este era unha
 barbaridade, pero sigo pensando que non foi mala idea. Dame igual que
 as palabras teñan que ver ca informática ou co que sexa, son palabras
 que todo corrector medianamente bo debería aceptar.

 Por certo, sigo algo desgustado co feito de que o corrector non
 ofrece a solución mellor e só a máis aproximada. Supoño que será pola
 idea que tiñan os programadores cando se fixo.

Engado a lista de palabras sacadas do digalego. Sendo algo máis actual
non deberia haber tantos problemas coma cos outros. Se se quere
consultar a entrada da palabra só hai que visitar o enderezo
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=NUMERO
onde cambiamos NUMERO polo número da liña no ficheiro txt.

Ata logo,
 Leandro Regueiro
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : digalego.txt.tar.gz
Tipo   : application/x-gzip
Tamaño : 219638 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090227/6b9150b1/attachment-0001.bin
 


[G11n] Erros corrector Hunspell

2009-02-27 Conversa mvillarino
 Se se quere
 consultar a entrada da palabra só hai que visitar o enderezo
 http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=NUMERO
 onde cambiamos NUMERO polo número da liña no ficheiro txt.

En alterntiva, en trasno hai un atallo web para facer a consulta a
través da palabra en si (e no konqueror funciona marabillosamente)


[G11n] [dúbida] acopl*

2009-02-27 Conversa mvillarino
 Chegados a este punto, e tendo en conta que está presente en portugués,
 castelán, italiano e -levemente disimulado- en francés (couplage) e inglés
 (coupling), non sei cál pode ser a razón que xustifique a súa exclusión en
 galego.

A engadir:

Ao parecer, recoñécese como etimoloxía no castelán a anteriormente
indicada por Antón (iirc, copulare ou algo así), no entanto que
nalgunha referencia portuguesa pouco fiábel (o wikzionario ou algo
así), indica que nesta lingua entrou através do francés (couplage).