[G11n] Nota de prensa: Masivo respaldo á continuidade de Mancomún

2009-07-17 Thread Minhoca
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=924&catid=92&Itemid=130

--

Apenas tres días despois de lanzarse a campaña de apoio ao software 
libre na Xunta, promovida pola Ciberirmandade da Fala esta organización 
en defensa da lingua de Galiza nas novas tecnoloxías fai balanzo 
provisional dos resultados. "A verdade é que a campaña está tendo 
bastante repercusión na rede" manifestan dende esta organización. "Aínda 
non chegamos ao ecuador da campaña e xa levamos varios miles de 
participacións na mesma, tanto no que respecta ás lecturas dás 
informacións que publicamos sobre a ameaza de desaparición de 
Mancomun.org, como á colaboración no envio de correos individuais aos 
responsábeis tecnolóxicos da Xunta e grupos parlamentares, tendo en 
conta, por riba, a época do ano en que estamos; está claro que a xente 
está preocupada con este tema."

A este éxito están contribuindo as asociacións de software libre galegas 
máis comprometidas, que comezan a amosar o seu apoio á campaña a 
traverso das súas webs como é o caso de MeLISA ou Agnix, así como unha 
longa relación de webs de información xeral e especializadas, blogs 
persoais, prensa dixital e innumerabeis cruces de correos electrónicos.

** Nerviosismo na Xunta

Dende a CiberIrmandade constatan o nerviosismo que está a xerar esta 
cuestión na Xunta. Segundo informan fontes da CIG, na Mesa Sectorial de 
Negociación de Persoal Funcionario do día 10 de xullo, así como noutras 
xuntanzas con responsábeis políticos da administración de Galiza, o 
sindicato preguntou polas recentes adxudicacións multimillonarias para 
mercar software privativo (principalmente Microsoft), contravindo deste 
xeito o acordo do Parlamento de Galiza do ano 2007 de potenciar o 
software libre na administración galega e que agora, coa publicación (9 
de xullo) da folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido Popular, 
desaparece calquer referencia aos proxectos iniciados polo bipartito sen 
que se mencionen alternativas concretas que os reemplacen.

A este respecto dende a Ciberirmandade sinalan que "Se o Partido Popular 
non ten nada que ocultar, o lóxico sería que publicasen un comunicado 
desmentindo a información publicada pola prensa ou que confirmasen dunha 
vez que Mancomun.org vai continuar. Pero moito nos tememos que están 
tratando de enganar á xente ou simplesmente gañar tempo."

** Repercusión a nivel estatal

Mais os apoios non chegan só de Galiza, e así os organizadores da 
campaña dan constancia da repercusión que está a ter a nivel estatal, 
onde diversos foros dan conta da sorprendente eliminación do software 
libre nos plans tecnolóxicos da Xunta, despois das promesas eleitorais 
de Núñez Feijóo, literalmente: "Implantar o software libre e os 
estándares abertos na Xunta".

Por este motivo, confirmase que a principal organización estatal de 
defensa do software libre, Hispalinux, está a contactar cos responsábeis 
tecnolóxicos da Xunta.

** Chamamento á participación

Dende a Ciberirmandade indican que a campaña só acaba de empezar. "Polo 
momento non fixemos apenas difusión da campaña, que mantivemos no ámbito 
das organizacións máis afíns ao software libre. Agora chegou o momento 
de extender a campaña a toda a sociedade, posto que periga a 
disponibilidade do software libre, o que equivale ao perigo da 
dispoñibilidade do software en galego "

Se vostede aínda non enviou o seu correo suxeríndolle á Xunta a 
continuidade do software libre, esto é, a continuidade de Mancomun.org, 
pode facelo de forma sinxela facendo click nesta ligazón.
-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] [terminoloxia] blink (e wink)

2009-07-17 Thread Antón Méixome
A min interesariame aclarar o da tradución de "blink" xa que hai varias.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Efectivamente hai unha tradución inconsistente, tanto en galego como na 
maioría de linguas. Polo que vexo, podería ser interesante ter unha 
tradución que valla tanto como susbstantivo como para o verbo pero 
tampouco é demasiado trascendente que sexa así, porque non deixan de ser 
conceptos sinxelos. O que si se debería procurar é non cruzar formas de 
traducir entre as palabras relacionadas: blink, wink...

Para blink, no xeral das linguas, hai dúas opcións :  ou ben xogar co 
movemento de ollos (pestanexar)  ou ben co movemento de luz 
(intermitir). Por outra parte, wink, que está relacionado co movemento 
de ollos, pero é distinto, tradúcese de modo moi sistemático como 
chiscar, chiscadela.

Eu, para distinguir entre un xesto e un movemento optaría por 
pestanexar, así

blink > pestanexar (movemento)
wink > chiscar (xesto)
flash > escintilar (efecto)


Referencias:

blink, blinking

Galego

intermitencia
intermitente
palpabrexante
chisqueante
pestanexar
escintilar

Portugués

piscar, piscante, intermitencia

Francés

clignoter, clignotant

Catalán

parpellejar

Español

intermitencia
intermitente
parpadear
parpadeo
parpadeante


Dicionario CLUVI

blink, pestanexar
blinking, palpitante

Iate.europa.eu

Informática y tratamiento de datos [COM] 
IBM = blink key > tecla de parpadeo > IT > tasto di lampeggiamento






-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090717/1b1d8d57/attachment.vcf
 


[G11n] [terminoloxia] blink (e wink)

2009-07-17 Thread Miguel Bouzada
2009/7/17 Antón Méixome 

> A min interesariame aclarar o da tradución de "blink" xa que hai varias.
>
> Ata logo,
>Leandro Regueiro
>
>
> Efectivamente hai unha tradución inconsistente, tanto en galego como na
> maioría de linguas. Polo que vexo, podería ser interesante ter unha
> tradución que valla tanto como susbstantivo como para o verbo pero tampouco
> é demasiado trascendente que sexa así, porque non deixan de ser conceptos
> sinxelos. O que si se debería procurar é non cruzar formas de traducir entre
> as palabras relacionadas: blink, wink...
>
> Para blink, no xeral das linguas, hai dúas opcións :  ou ben xogar co
> movemento de ollos (pestanexar)  ou ben co movemento de luz (intermitir).
> Por outra parte, wink, que está relacionado co movemento de ollos, pero é
> distinto, tradúcese de modo moi sistemático como chiscar, chiscadela.
>
> Eu, para distinguir entre un xesto e un movemento optaría por pestanexar,
> así
>
> blink > pestanexar (movemento)


Seguindo o teu razonamento, creo que debería ser "palpebrar" no maioría de
línguas románicas empregan esa acepción e non a de pestanexar, pestanejar,
pestañear. Só os franceses empregan "clignoter" (pestanexar) no canto de
"papilloter" (palpebrar)


> wink > chiscar (xesto)
> flash > escintilar (efecto)
>
>
> Referencias:
>
> blink, blinking
>
> Galego
>
>   intermitencia
>   intermitente
>   palpabrexante
>   chisqueante
>   pestanexar
>   escintilar
>
> Portugués
>
>   piscar, piscante, intermitencia
>
> Francés
>
>   clignoter, clignotant
>
> Catalán
>
>   parpellejar
>
> Español
>
>   intermitencia
>   intermitente
>   parpadear
>   parpadeo
>   parpadeante
>
>
> Dicionario CLUVI
>
>   blink, pestanexar
>   blinking, palpitante
>
> Iate.europa.eu
>
> Informática y tratamiento de datos [COM] IBM = blink key > tecla de
> parpadeo > IT > tasto di lampeggiamento
>
>
>
>
>
>
> --
> Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org Centro de Referencia
> e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de
> Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16  @ mancomun.org>
>
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>


-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090717/5c967832/attachment.htm
 


[G11n] [terminoloxia] blink (e wink)

2009-07-17 Thread Antón Méixome
Miguel Bouzada escribiu:
>
>
> 2009/7/17 Antón Méixome  <mailto:meixome en mancomun.org>>
>
> A min interesariame aclarar o da tradución de "blink" xa que hai
> varias.
>
> Ata logo,
>Leandro Regueiro
>
>
> Efectivamente hai unha tradución inconsistente, tanto en galego
> como na maioría de linguas. Polo que vexo, podería ser interesante
> ter unha tradución que valla tanto como susbstantivo como para o
> verbo pero tampouco é demasiado trascendente que sexa así, porque
> non deixan de ser conceptos sinxelos. O que si se debería procurar
> é non cruzar formas de traducir entre as palabras relacionadas:
> blink, wink...
>
> Para blink, no xeral das linguas, hai dúas opcións :  ou ben xogar
> co movemento de ollos (pestanexar)  ou ben co movemento de luz
> (intermitir). Por outra parte, wink, que está relacionado co
> movemento de ollos, pero é distinto, tradúcese de modo moi
> sistemático como chiscar, chiscadela.
>
> Eu, para distinguir entre un xesto e un movemento optaría por
> pestanexar, así
>
> blink > pestanexar (movemento)
>
>  
> Seguindo o teu razonamento, creo que debería ser "palpebrar" no 
> maioría de línguas románicas empregan esa acepción e non a de 
> pestanexar, pestanejar, pestañear. Só os franceses empregan 
> "clignoter" (pestanexar) no canto de "papilloter" (palpebrar)
Non digo que non pero é que, neste momento, palpebrar ou palpebrexar (e 
palpebrexo) non son admitidos como verbos normativos, mentres que 
pestanexar (e pestanexo) si o son. Mira a definición do DRAG

*pestanexar* /v.i./ Move-las *pestanas ou as pálpebras* abrindo e 
fechando os ollos. /Tiña un lixo nun ollo e non paraba de pestanexar./

Ademais no Digalego asúmese pestanexar como a tradución de blink:

  port: pestanejar cast: pestañear, parpadear ingl: to blink 
alem: zu blinken

É dicir, entre pestanexar e palpebrexar, para min está claro que a 
primeira é a forma máis segura.


Pero ademais, habería que engadir a esta "familia" a flick, que tamén 
ten o seu aquel

Batido, latexo, palpitación, pulso

bater, latexar, palpitar, pulsar

E o temos tamén na tradución de Openoffice:
officecfg/registry/data/org/openoffice/Office/UI.oo

msgid "Flicker"
msgstr "Pestanexo"



>
>
> wink > chiscar (xesto)
> flash > escintilar (efecto)
>
>

Co cal, en resumo. Propoño como solucións para verbos e substantivos

blink > pestanexar, pestanexo
flick > pulso, pulsación
wink > chiscar, chiscadela
flash > escintilar, destello

Aínda que entendo que blink e flick son no ámbito que nos ocupa 
realmente o mesmo. Non así as demais.

E xa de paso

click > premer, clic

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090717/aca5a9b7/attachment.vcf
 


[G11n] Nota de prensa: Masivo respaldo á continuidade de Mancomún

2009-07-17 Thread suso
Boas, 

A verdade é que sorprende a boa resposta que está tendo esta campaña,
parabéns á Ciberirmandade pola iniciativa e grazas a toda a xente que 
estades apoiando a Mancomún coas vosas iniciativas!

Desctacar a repercusión que está tendo tamén nos media, hoxe aparece na
prensa en papel a doble páxina central todo esto:

http://www.xornal.com/artigo/2009/07/17/sociedad/pasividade-da-xunta-pon-perigo-futuro-mancomun/2009071700231929929.html

Eu acabo de mercar o Xornal, a verdade é que ver o artigo impresiona
bastante!

Relacionadas:

http://chuza.org/historia/nerviosismo-na-xunta-do-pp-polo-masivo-respaldo-a-mancomun-2/

E tamén en Menéame para quen a queira menear:

http://meneame.net/story/nerviosismo-xunta-masivo-respaldo-mancomun

Saúdos,


Minhoca escrebeu:
> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=924&catid=92&Itemid=130
> 
> --
> 
> Apenas tres días despois de lanzarse a campaña de apoio ao software 
> libre na Xunta, promovida pola Ciberirmandade da Fala esta organización 
> en defensa da lingua de Galiza nas novas tecnoloxías fai balanzo 
> provisional dos resultados. "A verdade é que a campaña está tendo 
> bastante repercusión na rede" manifestan dende esta organización. "Aínda 
> non chegamos ao ecuador da campaña e xa levamos varios miles de 
> participacións na mesma, tanto no que respecta ás lecturas dás 
> informacións que publicamos sobre a ameaza de desaparición de 
> Mancomun.org, como á colaboración no envio de correos individuais aos 
> responsábeis tecnolóxicos da Xunta e grupos parlamentares, tendo en 
> conta, por riba, a época do ano en que estamos; está claro que a xente 
> está preocupada con este tema."
> 
> A este éxito están contribuindo as asociacións de software libre galegas 
> máis comprometidas, que comezan a amosar o seu apoio á campaña a 
> traverso das súas webs como é o caso de MeLISA ou Agnix, así como unha 
> longa relación de webs de información xeral e especializadas, blogs 
> persoais, prensa dixital e innumerabeis cruces de correos electrónicos.
> 
> ** Nerviosismo na Xunta
> 
> Dende a CiberIrmandade constatan o nerviosismo que está a xerar esta 
> cuestión na Xunta. Segundo informan fontes da CIG, na Mesa Sectorial de 
> Negociación de Persoal Funcionario do día 10 de xullo, así como noutras 
> xuntanzas con responsábeis políticos da administración de Galiza, o 
> sindicato preguntou polas recentes adxudicacións multimillonarias para 
> mercar software privativo (principalmente Microsoft), contravindo deste 
> xeito o acordo do Parlamento de Galiza do ano 2007 de potenciar o 
> software libre na administración galega e que agora, coa publicación (9 
> de xullo) da folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido Popular, 
> desaparece calquer referencia aos proxectos iniciados polo bipartito sen 
> que se mencionen alternativas concretas que os reemplacen.
> 
> A este respecto dende a Ciberirmandade sinalan que "Se o Partido Popular 
> non ten nada que ocultar, o lóxico sería que publicasen un comunicado 
> desmentindo a información publicada pola prensa ou que confirmasen dunha 
> vez que Mancomun.org vai continuar. Pero moito nos tememos que están 
> tratando de enganar á xente ou simplesmente gañar tempo."
> 
> ** Repercusión a nivel estatal
> 
> Mais os apoios non chegan só de Galiza, e así os organizadores da 
> campaña dan constancia da repercusión que está a ter a nivel estatal, 
> onde diversos foros dan conta da sorprendente eliminación do software 
> libre nos plans tecnolóxicos da Xunta, despois das promesas eleitorais 
> de Núñez Feijóo, literalmente: "Implantar o software libre e os 
> estándares abertos na Xunta".
> 
> Por este motivo, confirmase que a principal organización estatal de 
> defensa do software libre, Hispalinux, está a contactar cos responsábeis 
> tecnolóxicos da Xunta.
> 
> ** Chamamento á participación
> 
> Dende a Ciberirmandade indican que a campaña só acaba de empezar. "Polo 
> momento non fixemos apenas difusión da campaña, que mantivemos no ámbito 
> das organizacións máis afíns ao software libre. Agora chegou o momento 
> de extender a campaña a toda a sociedade, posto que periga a 
> disponibilidade do software libre, o que equivale ao perigo da 
> dispoñibilidade do software en galego "
> 
> Se vostede aínda non enviou o seu correo suxeríndolle á Xunta a 
> continuidade do software libre, esto é, a continuidade de Mancomun.org, 
> pode facelo de forma sinxela facendo click nesta ligazón.
> -- 
> ---
>   Saúde.
> ..
> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> 
> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> http://www.ciberirmandade.org
> 
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ..
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.man

[G11n] [Fwd: [terminoloxia] Novos recursos computacionais para o galego]

2009-07-17 Thread Méixome
Presentación das novas utilidades por parte do responsábel no Ramón Piñeiro
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe inmersa...
De: =?ISO-8859-1?Q?Fco=2E_Mario_Barcala_Rodr=EDguez?=

Asunto: [terminoloxia] Novos recursos computacionais para o galego
Data : Fri, 17 Jul 2009 11:31:50 +0200 (CEST)
Tamaño: 6405
Url   : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090717/d5dc8477/attachment.eml