[G11n] coordinación OpenOffice.org

2009-10-16 Conversa Frco. Javier Rial
Suso:

Na rolda de desenvolvemento das comunidades de OpenOffice.org 
(dev en l10n.openoffice.org) tes uns requirimentos por parte da xente de Sun 
para a 
correcta xestión da tradución ao galego.

Bótalle un ollo para que non haxa ningún problema coa seguinte versión do 
OpenOffice.org.

P.D.: Pola miña parte, xa estou a piques de rematar a documentación relativa 
aos procesos da tradución do OOo.

Saúdos.

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez 
  
Técnico
Avda. de Vigo, s/n Campus 15705   Santiago de Compostela (Galicia/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616 
fjrial en mancomun.org

[G11n] documentación xestión tradución OOo

2009-10-16 Conversa Frco. Javier Rial
Ola a tod en s:

Aí o vai tal e como prometín

Igual faltan cousiñas, se vedes que faltan, pedide.. dios dirá :p jeje

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez 
  
Técnico
Avda. de Vigo, s/n Campus 15705   Santiago de Compostela (Galicia/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616 
fjrial en mancomun.org
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : Tradución_OOo_GL.odt
Tipo   : application/vnd.oasis.opendocument.text
Tamaño : 26715 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091016/d23fed97/attachment-0001.odt
 
[G11n] [terminoloxía] feed

2009-10-16 Conversa Antón Méixome

 Tamén aproveito para preguntar se sería posíbel que o corpus de 
 Mancomún acepte expresións regulares nas buscas, como fai o Logaliza 
 ou o CTG. Sería interesante. Neste caso podería ter aforrado moitos 
 /feedbacks/, por ex.
Si, pódese facer e está anotado entre as tarefas de interese. Todo está 
aquí aberto á consulta pública.

https://forxa.mancomun.org/pm/?group_id=89

Só fai falta ter a oportunidade de facelo ou ben que sexa unha achega 
dos interesados, que para iso é software libre

Saúdos.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 meixome @ mancomun.org

[G11n] [Tradutores-Ubuntu] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Boas,

Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente.

Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está
nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles
proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente. Polo que
entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.

Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
xestión da información).

Un saúdo.
Felipe.

[G11n] [Tradutores-Ubuntu] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/16 Felipe Gil Castiñeira felipexil en gmail.com

 Boas,

 Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente.

 Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está
 nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles
 proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente.

Non hai risco ningún de perda desos datos

 Polo que
 entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.

Non máis que outros, só que os do bonbo pintan todo como se eles fosen os
salvadores do mundo mundial

 Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
 meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
 máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
 a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
 se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
 xestión da información).

Pola miña banda sen ningún problema, sempre e cando suso se quede na casiña,
que xa tocou bastante as narices

 Un saúdo.
 Felipe.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091016/54e150c6/attachment.htm
 
[G11n] [Tradutores-Ubuntu] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Minhoca
Miguel Bouzada escribiu:
 
 Polo que
 entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.
 
 Non máis que outros, só que os do bonbo pintan todo como se eles fosen 
 os salvadores do mundo mundial
  
 Pola miña banda sen ningún problema, sempre e cando suso se quede na 
 casiña, que xa tocou bastante as narices
  
Estimado señor Miguel Bouzada:

Até agora as discusións foron amigabeis, amosando cada quen o seu 
parecer e diferenzas, e sempre co máximo respecto, polo menos nas 
formas, entre todos os integrantes desta rolda; ninguén mexou por fora.

Vostede e mais eu non nos coñecemos, mais mensaxes como a súa so sirven 
para gañar amigos.

Como non me presta que vostede me salpique co seu mexo, non lle vou 
respostar (agás este correo, evidentemente). Pode vostede escribir o que 
lle veña en gana. Eu simplemente ignorarei a sua existencia pois négome 
a poñerme ao seu nivel.

Pecho e corto.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede