[G11n] RFE

2008-09-22 Thread Óscar García Amor
Estimado Marce,

  Tes que disculpar, pero sobre o que nos comentas non podemos facer moito.

  A versión 1.3.2 de Safari atopase bastante desfasado, incluso a versión do 
sistema operativo esta a ser "abandonada" a favor das versións 10.4 ou 10.5 
nas que se fixeron moitísimos cámbios estructurais.

  Como podes ver en 
http://validator.w3.org/check?uri=http%3A%2F%2Fwww.mancomun.org%2F a nosa 
páxina cumpre os estándares actuais de HTML e CSS polo que calquera navegador 
que soporte estos estandares a abre sen problemas. E moi complicado (por non 
dicer imposíbel) soportar estos estandares con compatibilidade cara atrás, xa 
que non nos permitiria engadir funcionalidades novas e a nosa web quedaria 
obsoleta. De feito moitos servizos on-line (coma gmail ou googlemaps, por 
exemplo) non soportan esa versión do navegador coma podes ver en 
http://mail.google.com/support/bin/answer.py?hl=en&answer=6557.

  Saúdos.

-- 
Óscar García Amor  Chamán
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : signature.asc
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080922/e90ba42f/attachment-0001.pgp
 


[G11n] [Firefox] Habeo problemo

2008-10-13 Thread Óscar García Amor
On Mon, 13 Oct 2008 10:15:19 +0200
Anton Méixome  wrote:

>
> No Firefox 3.03 que manexo teño de todo iso :-) [..]
> 
> Galego Inglés
> 
> -complementos   -add-on
> -- complementos   --add-ons
> -- extensións --extensions
> -- plugins   --plugins
> 
> 
> Parece que se optou por facer tradución mínima.
>
> O que eu entendo [..] complemento e outras como plugin...

  Boas,

  Tentarei arroxar un pouco de luz neste asunto dende o punto de vista técnico 
do tema.

  O primeiro que temos que ter claro e que en ocasións nen sequera o que esta 
a facer un plugin ou unha extensión sabe como chamarlle. Os desenvolvedores en 
moitos casos usan como sinonimo add-on, plugin, extension, module... polo que o 
final acabas coa cabeza tola intentando entender o que nin eles entenden. :P. 
Ainda asi polo menos a xente de Mozilla parece que o ten algo claro.

  En Firefox temos os seguintes termos:

  Add-ons -> Traducese por complementos
  Extensions -> Traducese por extensións
  Themes -> Traducese por temas
  Languages -> Traducese por Idiomas
  Plugins -> Non se traduce, (a no ser que se queira por enchufado enriba, o 
cal non queda moi entendíbel xDD)

  Comezarei explicando polo final. Un plugin e un "algo" que lle engade unha 
nova funcionalidade a Firefox que antes non tiña para interpretar un contido 
concreto. Por exemplo, o plugin de flash lle engade a posibilidade de mostrar 
esa clase de ficheiros, o plugin de java de cargar os applets de java ou 
aplicacións java, o de VLC de cargar certo tipo de ficheiros multimedia, etc. 
No Firefox se na barra de direccións escribimos "about:plugins" (sen as comas) 
e prememos entrar, poderemos ver todos os plugins que temos instalados.

  Por outra banda, estan as extensións, que non son mail que engadidos de 
funcionalidade (barras de búsqueda, botóns, etc.) pero non afondan mais alá. 
Cando unha extensión modifica o aspecto visual do Firefox chamase Tema e cando 
unha extensión engade a posibilidade de traducir a interface chamase Idioma, 
polo que tanto os Temas coma os Idiomas son extensións.

  Os Add-ons e todo o conxunto, e dicir, unha extension e un tipo de add-on, un 
plugin e outro tipo de add-on, etc...

  Resumindo, todo o conxunto de "cousas" que lle podemos por a Firefox son 
Add-ons, e dependendo do que faga a cousa e unha extensión ou un plugin. Os 
Temas e Idiomas son só un tipo concreto de extensión.

  Nada mais, espero que non tiña sido demasiado lioso.

  Saúdos.

-- 
Óscar García Amor  Chamán
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : signature.asc
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081013/8c98aefb/attachment.pgp
 


[G11n] [Firefox] Habeo problemo

2008-10-14 Thread Óscar García Amor
On Mon, 13 Oct 2008 12:33:51 +0200
mvillarino  wrote:

> >  O primeiro [..] que o ten algo claro.
> Non o teño eu tanto, cando un detalle de implementación chega á 
> interface...

Por iso digo que "parece que o teñen claro" x

> É realmente necesario que sirva para interpretar un contido mime?
> Quero dicir, normalmente un plugin é un "cómputo" que se integra con
> outro "cómputo" através dunha interface concreta (a api), e que polo
> xeral é un binario executábel que ven na linguaxe da máquina.
> Dito doutro xeito: eu teño plugins no ordenador que o que fan é
> engadir unha funcionalidade, pero non adicionan soporte para un
> contido en concreto. Por exemplo, no ktorrent o plugin de procuras, e
> outros.
> No caso que descrebes, o termo "plugin" tería sido especializado por
> Mozilla para o uso nos seus produtos.

  Claro, eu falo no caso concreto de Firefox, noutros produtos pois xa depende 
un pouco da peña que o programe, sei de casos nos que comezaron chamandolle 
extensión, logo lle chamaron módulo e agora lle chaman plugin. A verdade e 
que usanse coma sinónimos.

  Penso (IMHO) que o mellor e sempre respetar a forma orixinal, de tal forma 
que se eles lle chaman plugin pois nos o deixamos como plugin, se lle poñen 
module, pois módulo... E asi evitamos problemas de mala interpretación pola 
localización.

  Saúdos.

-- 
Óscar García Amor  Chamán
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : signature.asc
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081014/07bcd806/attachment.pgp