[G11n] errata

2008-08-05 Thread mancomún
Totalmente de acordo no uso de desenvolvemento en lugar de desenrolo (xa 
fai tempo que vimos usando
o termo desenvolvemento, mais colóusenos unha.

Queda corrixido.

Saúdos e graciñas

Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> na mensaxe sobre a nova versión de Mono vin que falades do
> "desenrolo". En Trasno non aceptamos "desenrolo" coma tradución
> correcta para "development", e para manter un estilo uniforme que non
> confunda á xente, seria aconsellable que se cambiara por
> "desenvolvemento".
>
> Ata logo,
>Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   



[G11n] En Mancomún: Saiu a versión oficial de SeaMonkey 2.0 en galego

2009-10-27 Thread Mancomún
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/saiu-a-
version-oficial-de-seamonkey-20-en-galego/
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091027/05cd9b72/attachment.htm
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] cambio nome rolda de correo

2008-05-12 Thread mancomún
Ola a todos:

Ao longo do día de hoxe procederase a mudar o nome á lista para o novo 
nome proposto G11n.

Por favor, esperade a que confirme que os cambios están feitos para 
enviar novos correos.

O novo enderezo desta rolda será:

g11n en mancomun.org

Por favor, actualizade as axendas de enderezos co novo nome.

En canto esté cambiado, procederei a enviar un novo correo a través da 
nova rolda para informarvos.

Saúdos.



[G11n] rolda ferramentas e estratexias migradas a g11n, actualizade axendas de enderezos

2008-05-12 Thread mancomún
Ola a tod en s:

En principio a rolda foi migrada con éxito a g11n en mancomun.org

Enderezo web da nova rolda:
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Todos os subscritores fostes dados de alta automaticamente na nova rolda
polo que xa debestes recibir un correo para axustar as preferencias na
nova rolda (o novo contrasinal tamén foi enviado nese correo).

Enderezo para axustar preferencias na rolda g11n:
http://listas.mancomun.org/mailman/options/g11n

Se atopades calquera problema non dubidedes en contactar connosco.

Por favor, actualizade as vosas axendas de enderezos para mandar os
correos á nova rolda.

Saúdos e perdón polas molestias.

Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] problemas coas roldas de correo

2008-04-14 Thread mancomún
Ola:

Durante estes días viñemos experimentando diversos problemas co servidor 
de roldas de correo debido a migración da semana pasada, polo que 
consideramos que era mellor volver a poñer en funcionamento o servidor 
anterior.

Se botades algún correo do arquivo da lista en falta, avisade e 
procuraremos recuperalo.

Saúdos e perdón polas molestias

Mancomún
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia



[G11n] Revisión

2009-01-09 Thread Méixome-Mancomún
mvillarino escribiu:
>
> Entón, a ver, que o que se perde agora son eu, tomando lista no
> sentido de lista que ten en LISP, isto é:
> ===EXEMPLO===
> 1 ducia de ovos,
> 1 caixa de leite,
> 1/2 kg de bistés (de cocho)
> 1 bote de líquido das lentillas
> 3 paquetes de madalenas leader price
> ...
> ===FIN DO EXEMPLO===
> cales das seguintes palabras son do seu mesmo campo: lista, listaxe,
> listado, listar, list... ?
>
>   

lista, listaxe, listar

É doado porque ten dous sentidos
lista = raia (de aí o adxectivo listado)
lista = relación (de aí os substantivos lista, listaxe)


>> Sabedes por certo que ademais de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é 
>> masculino.
>> 
>
> Aquí, e cando digo aquí quero dicir na casa dos pais, dise A balaxe,
> se nos estamos a referir a que o mar ten moitas ondas. Exactamente
> canto é dificil de dicir: algo menos de marexada, o grau xusto para
> que a non ser que haxa moita necesidade sexa mellor non sair ao mar.
>
> Non esquezamos unha das grandes verdades do noso tempo:
> En Galiza todo é paisaxe... menos paxe, traxe e garaxe.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   
Non sabía iso. Referíame a isto que vén no VOLG:

balaxe   m  
rubí