[G11n] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)

2008-11-23 Conversa Suso Baleato
Boas,

Se cadra estou adiantándome demasiado e ao final non sae nada pero por se
acaso quería comentalo xa; para o caso de que finalmente puideramos montar
esa mesa redonda, sería bó ir pensando en posíbeis participantes. Dende logo
alguén da comunidade de tradución de software libre ao galego tería que estar
presente e tras darlle unhas voltas eu quixera facer xa unha proposta: Felipe
Xil, debido ao seu rol como voluntario, tamén por que lidera o grupo de
tradución de Ubuntu e sobre todo por que estivo metido nesto do AraOS dende
o principio. Ou se él non quixera ou non puidera hai máis xente que tamén
fixo aportacións de moito valor durante a definición do AraOS como é o caso
de Xosé, que se non me equivoco tamén colabora en Trasno ou o mesmo Leandro
se non me equivoco e máis xente.

Felipe tí animaríaste a participar nela? E os demais cómo o vedes?

Saúdos,

Suso Baleato escrebeu:
 Boas a todos/as:
 
 Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
 
 - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
   Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
   incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
   que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
   xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
   quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
   ilo facendo.
 
 - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
   galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
   [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo 
   de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de 
   coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
   de ser remasterizada [5] a semana pasada.
 
 - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
   inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que 
   incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
   respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
   faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
   tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
   xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
   casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
   administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
   que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
   presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
   institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar 
   na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
   Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
   así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo 
 
   eventos (en) mancomun.org 
 
 - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
   con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
   redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
   facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
   en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat, 
   Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que 
   propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
 
 Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
 
 Saúdos,
 
 --
 
 [0] http://ftp.mancomun.org/
 [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
 [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
 [3] 
 http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
 [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
 [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
 
 suso.baleato en xunta.es escrebeu:
  Boas,
  
  Escrebo pra avisar que en breve liberaremos a versión final do ARAOS para  
  Ubuntu 8.04. Dúas cousas importantes sobre esta versión e outros temas:
  
  - Estamos traballando xa na 8.10. A idea sería agardar un par de semanas a
que se estabilize a distro (unha vez sexa publicada) e nese tempo facer os
cambios necesarios para adaptar o metapaquete á nova versión, de maneira
que teñamos listo o ARAOS para 8.10 na segunda quincena de novembro. Desa
maneira poderíamos actualizar esas tres adaptacións na primeira quincena 
  de
decembro (contando con que a 8.10 saia a finais de outubro).
  
  - Esta versión ven de entrar en produción en dúas oficinas da Xunta, 
dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da primeira
implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
Corporativa da Xunta 

[G11n] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)

2008-11-22 Conversa Suso Baleato

   Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da 
 primeira
   implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
   Corporativa da Xunta de Galiza. Conseguimos superar todos os obstáculos
   técnicos e administrativos, e por tanto, queda demostrado _na práctica_ 
   que é posibel traballar en software libre no entorno da Xunta: agora
   tocará seguir a traballar e presionar pra que cunda o exemplo. Por nós que
   non quede ;-)
 
 - Tal como tiñamos previsto, a idea do metapaquete está a funcionar e xa 
   temos tres adaptacións encargadas: unha para o prototipo de intranet
   para a PEME, outra para a Rede de Dinamización da Sociedade da 
 Información 
   e outra xenérica para a Consellaría de Innovación e Industria que 
 anunciou
   Helena Veiguela -a nosa Directora Xeral- no evento de sinatura do convenio
   cos GULs [1]. Respectivamente os nomes destas adaptacións do metapaquete
   serían: pemetic, dinamiza e galinux e presentaríanse a partires da
   publicación da 8.10. Calquera suxestión