Boas Javi, Antes de nada agradecerche públicamente o teu compromiso coa localización do OpenOffice.org e tamén o teu ofrecemento, que se une o que xa fixera o Antón Méixome. A verdade é que contar convosco é unha garantía tanto de continuidade como sobre todo de calidade.
Estou agora revisando o correo atrasado (e perdido, pois como sabes a Xunta desconectou o meu correo moi amabelmente sen avisar) dos proxectos que coordeno pra propoñer un calendario que viabilize a continuidade das traducións tanto de OpenOffice.org como de Mozilla e mais GNOME, agora xa sen o apoio profesional das empresas e organismos públicos que viñan asumindo parte das tarefas de localización. Xa adianto que a miña proposta será darlle prioridade ás versións maiores que prevean incorporarse a Ubuntu como primeiro criterio, por ser a distro que conta co grupo de localización máis dinámico e consolidado, e por ser a base do AraOS e metapaquetes derivados. Agardo que nas próximas horas poida entrar en funcionamento un servidor colectivo que me axude a sobrelevar a xestión destes proxectos co mínimo impacto sobre os tradutores, pois sei ben que preferides traballar de forma independente (e penso que é bó que sexa así). Aproveito para comentarche tamén que acabo de revisar o documento que enviaches; penso que todo está correcto e que claramente pode cumprir a función de facilitar a incorporación de nova xente ao proceso. Enviarei agora o que esquecín xuntar no correo da semana pasada, descrebendo o mesmo proceso pero en Mozilla. Saúdos, Frco. Javier Rial escrebeu: > Suso: > > Na rolda de desenvolvemento das comunidades de OpenOffice.org > (dev en l10n.openoffice.org) tes uns requirimentos por parte da xente de Sun > para a > correcta xestión da tradución ao galego. > > Bótalle un ollo para que non haxa ningún problema coa seguinte versión do > OpenOffice.org. > > P.D.: Pola miña parte, xa estou a piques de rematar a documentación relativa > aos procesos da tradución do OOo. > > Saúdos. > > -- > Frco. Javier Rial Rodríguez > > Técnico > Avda. de Vigo, s/n Campus 15705 Santiago de Compostela (Galicia/ES) > Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616 > <fjrial en mancomun.org> > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n -- http://susinho.pagina.de/