suso.baleato en xunta.es escribiu:
> damufo escrebeu:
>> Estou dacordo con Javi, os atallos é mellor adaptalos ao galego. Sería 
>> bo ir facendo unha guía dos máis frecuentes para que todos usemos os mesmos.
>>
> 
> Ah, vale, non vira a túa mensaxe. Acabo de escribir a Trasno polo mesmo.
> Dámolo entón por resolto así?
> 
> 
>> Outra cousa que xa o comentei en trasno, a tradución de separador penso 
>> que non é acertada, pois pode levar a confusión coa liña vertical por 
>> exemplo, que separa os marcadores, e que permite redimensionar ao largo. 
>> A isto é ao que se lle soe chamar separador. Por iso pensamos que se 
>> devería usar outra, a proposta de trasno é lingüeta. De feito é a 
>> tradución que teño no meu firefox 2.
> 
> Xa, pero é que eiquí entramos no que comentaba na lista de Trasno agora.
> Eu penso que non deberíamos involvernos no tema terminolóxico até que
> non obteñamos o material lingüístico todo que se xenere (po, tmx,
> glosario, criterios, estilos... o que sexa) para valoralo no seu
> conxunto. É que se non o facemos así, estaremos cada dous por tres
> cambiando termos sen unha visión global das cousas. E imaxina que de
> repente veñen os do Termigal e din unha cousa, e os do SLN outra, e
> Trasno outra, e Mancomún outra... eu pedinlle á empresa unha solución
> global; creo que é esa solución ou producto global na parte lingüística
> o que temos que valorar, non iste termo concreto ou aqueloutro.
> 
>> Penso que esta é unha das cousas das que se debería atopar consenso.
> 
> Totalmente dacordo; mais debo insistir en que o consenso debemos buscalo
> no enfoque global, non en cada un dos termos. O consenso sobre os termos
> deberemos buscalo cando o consenso global non sirva. E se cadra temos
> que este é un deses casos, non o sei. Para sabelo teremos que agardar a
> obter esa 'visión global' do produto. Creo que isto debería ser asumibel
> non?
> 
Pois penso que sería bo que a empresa estea en contacto cos tradutores, 
disto falouse no g11n, e escoitar e atender estas cuestións, que non 
acatalas, pois os profesionais son eles, entendo que será un equipo 
multidisciplicar con informáticos que poden aclarar estas cousas aos 
lingüistas. Se estas cuestións non se resolven agora, moito menos 
despois de que sexa lanzada a tradución. Hai outras como fiestra, 
xanela, ventá que xa son cuestión de gusto (penso eu) pero neste caso é 
ben diferente, penso que practicamente (e esta é unha opinión) toda a 
comunidade de tradutores está de acordo que neste caso separador non é 
unha tradución acertada, outra cousa é cal é a alternativa, xa que hai 
varias, e esta a que penso que é a que ten que fornecer a empresa que se 
encarga do tema.
Penso que esa empresa debería estar nesta listaxe (ou rolda? non sei moi 
ben cal é o termo máis acertado).

Saúdos


>> Saúdos
>>
>>
>> Frco. Javier Rial escribiu:
>>> A miña opinión é que se deben adaptar ao galego, en todas as aplicacións 
>>> que se traduciron en mancomún así se fixo.
>>>
>>> Ademais, queda bastante feo coa tecla dos accesskeys entre parénteses.
>>>
>>> suso.baleato en xunta.es escribiu:
>>>> Boas,
>>>>
>>>> Supoño que estaredes seguindo o fío do Bugzilla.
>>>>
>>>> Gustaríame saber se temos consenso no que se refire aos keystrokes
>>>> (uséase, manter os do programa orixinal ou adaptalos ao galego) ou cómo
>>>> está a cousa.
>>>>
>>>> Saúdos,
>>>>
>>>> damufo escrebeu:
>>>>   
>>>>> Primeiro grazas por facer o paquete.
>>>>> No ubuntu ao instalar o paquete de idioma xa o recoñece perfectamente, 
>>>>> non hai que facer nada.
>>>>> Se
>>>>>
>>>>> Frco. Javier Rial escribiu:
>>>>>     
>>>>>> Ola a todos:
>>>>>>
>>>>>> Acabo de crear o paquete de idioma do Firefox 3 en galego coa tradución 
>>>>>> enviada onte a esta lista
>>>>>> por Suso.
>>>>>>
>>>>>> O código de idioma usado para a tradución foi o "gl".
>>>>>>
>>>>>> Se a alguén despois de instalar a extensión non lle arrinca o Firefox 3 
>>>>>> en galego (depende do idioma
>>>>>> do sistema operativo) terá que engadir este parámetro á execución do 
>>>>>> Firefox:
>>>>>>
>>>>>> -uilocale gl
>>>>>>
>>>>>> Agora si, o paquete foi testado en Firefox 3 RC 3 que saíu apenas onte:
>>>>>>
>>>>>> http://www.mozilla.com/en-US/firefox/all-rc.html
>>>>>>
>>>>>> O paquete de idioma vai anexo neste correo e supoño que pola 
>>>>>> configuración da lista lle cambiará a extensión.
>>>>>> Para evitar iso, gardades o anexo e cambiádelle a extensión a .xpi. Con 
>>>>>> iso xa poderedes instalalo arrastrando o
>>>>>> ficheiro .xpi a unha ventá de Firefox 3.
>>>>>>
>>>>>> Esperamos informes de erros e problemas detectados.
>>>>>>
>>>>>> Pola miña parte aí van os primeiros a simple vista:
>>>>>>
>>>>>> -Están mal a maioría de accesskeys da aplicación (esas letras entre 
>>>>>> parénteses ao lado dos textos)
>>>>>> -A ventá de escoller idioma non ten o tamaño axeitado
>>>>>> -en vez de Configuración pon "Cofiguración" en varias opcións da 
>>>>>> aplicación
>>>>>> -A ventá de "Configuración da conexión" non ten o tamaño axeitado para a 
>>>>>> súa correcta visualización
>>>>>> -Pon Minefield en lugar de Firefox (igual estaba nas directrices que deu 
>>>>>> Axel, de que polo de agora eso non se traducira, non estou seguro)
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> ------------------------------------------------------------------------
>>>>>>
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Galician mailing list
>>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>>       
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>     
>>>>   
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> 

Responderlle a