[G11n] [terminoloxia] dereitos de autor ou copyright

2009-07-06 Conversa Antón Méixome

Aínda que ambos son correctos propoñemos a preferencia polo uso 
normalizado de dereitos de autor, que aliás é forma do termo legal en 
galego. Copyright , e o seu correlato copyleft non deixan de ser usos 
informais, e ademais anglicismos innecesarios.

Depósito legal.

O depósito legal ten por misión fundamental a pre-
servación da cultura, facendo posible que calquera per-
soa poida acceder ao patrimonio cultural, intelectual e
bibliográfico, así como coadxuvar á protección dos
*dereitos de autor* no ámbito da propiedade intelectual. 

Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas. (BOE 
núm. 150 do 23 de xuño de 2007)

Neste sentido tampouco é recomendábel a opción de dereitos de autoría  
porque a autoría é o obxecto do dereito mentres que o autor (autor 
ou autora)  é o suxeito do dereito. Cousas substancialmente diferentes.



-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/79617837/attachment-0001.vcf
 


[G11n] [terminoloxia] dereitos de autor ou copyright

2009-07-06 Conversa xabier
-O recomendábel é utilizar unha solución que utlice unha linguaxe de 
xénero correcta, polo que neste unha das solucións pode ser dereito de 
autoría, ou outra solución do estilo: dereito de autor/a, aínda que 
esta última é menos recomendábel.
A primeira foi a solución á que se lle deu preferencia na localización 
da última versión do GNOME.


-Neste sentido tampouco é recomendábel a opción de dereitos de 
autoría  porque a autoría é o obxecto do dereito mentres que o 
autor (autor ou autora)  é o suxeito do dereito. Cousas 
substancialmente diferentes. 
Dereito de autoría non se contrapón para nada ao significado que se 
quere dar a Copyrigth. O persoa que posúe os dereitos de autoría  non 
ten porqué coincidir coa persoa ou persoas autoras das obras.
Poñamos un exemplo:  Prince (the artist formerly known as Prince) **non 
ten dereitos de autoría sobre ningunha das obras que fixo durante o 
tempo que se chamou Prince e facía música para a Warner .  O mesmo coas 
cancións dos Beatles (por poñer outro exemplo) en poder do finado 
Michael Jackson.
O termo Copyrigth na sociedade occidental ten como significado, aquel 
dereito que che permite explotar economicamente un producto a través 
dunha marca, sexas ou non a autora ou autor da obra (inclúe software).








Antón Méixome escribiu:

 Aínda que ambos son correctos propoñemos a preferencia polo uso 
 normalizado de dereitos de autor, que aliás é forma do termo legal 
 en galego. Copyright , e o seu correlato copyleft non deixan de ser 
 usos informais, e ademais anglicismos innecesarios.

 Depósito legal.

 O depósito legal ten por misión fundamental a pre-
 servación da cultura, facendo posible que calquera per-
 soa poida acceder ao patrimonio cultural, intelectual e
 bibliográfico, así como coadxuvar á protección dos
 *dereitos de autor* no ámbito da propiedade intelectual. 

 Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas. 
 (BOE núm. 150 do 23 de xuño de 2007)

 Neste sentido tampouco é recomendábel a opción de dereitos de 
 autoría  porque a autoría é o obxecto do dereito mentres que o 
 autor (autor ou autora)  é o suxeito do dereito. Cousas 
 substancialmente diferentes.



 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n