[G11n] [terminoloxia] flash

2009-07-16 Conversa Antón Méixome

Para actualizar a tradución de Seamonkey encontrámonos co termo flash.

No Glosario de localización está recollida unha única tradución para 
flash, pero que obedece claramente a un valor diferente. Cómpre 
distinguir entre o flash como tipo de ficheiro ou tecnoloxía e a 
acción flash dun ou sobre un obxecto.

Propoño

1. flash  flash (=java)
2. flash  escintilar (=blink, titilar)

Ora ben, de cara a estabelecer un consenso temos unha certa disparidade 
nas traducións. Mentres en Gnome e openoffice se optou por escintilar, 
en KDE temos tanto chiscar como  destellar (quitar tella?)

Opinións?



-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090716/6d34ae46/attachment.vcf
 


[G11n] [terminoloxia] flash

2009-07-16 Conversa Leandro Regueiro
 Para actualizar a tradución de Seamonkey encontrámonos co termo flash.

 No Glosario de localización está recollida unha única tradución para
 flash, pero que obedece claramente a un valor diferente. Cómpre distinguir
 entre o flash como tipo de ficheiro ou tecnoloxía e a acción flash dun
 ou sobre un obxecto.

 Propoño

 1. flash  flash (=java)
 2. flash  escintilar (=blink, titilar)

A min interesariame aclarar o da tradución de blink xa que hai varias.

Ata logo,
 Leandro Regueiro