[G11n] Conferencia de localización

2009-03-26 Thread Lucia.Morado
Ola a todos:

O meu centro de estudos organiza unha conferencia de localización en setembro 
aquí en Limerick (Irlanda). Déixovos o enlace por se lle interesa a alguén: 
http://www.localisation.ie/resources/conferences/2009/index.htm.
Normalmente nestas conferencias fálase moito da localización do software 
privativo, así que sería interesante se alguén falase do software libre.

Saúdos,

Lucía


[G11n] Conferencia de localización

2009-03-26 Thread Suso Baleato
Boas,

Con tanto tempo por diante para organizalo, se vos interesa a perspectiva da
administración pública no caso galego, podedes contar con nós sen problema.
Adicionalmente, mesmo poderíamos avaliar a posibilidade de sufragar os gastos
dalgún membro do voluntariado galego se iso vos resultara de interese. E se
tiverades interese nas experiencias da comunidade académica, poderíamos
facilitarvos contactos das universidades galegas, se ben este aspecto seguro
que o tendes cuberto.

Saúdos,

Lucia.Morado escrebeu:
> Ola a todos:
> 
> O meu centro de estudos organiza unha conferencia de localización en setembro 
> aquí en Limerick (Irlanda). Déixovos o enlace por se lle interesa a alguén: 
> http://www.localisation.ie/resources/conferences/2009/index.htm.
> Normalmente nestas conferencias fálase moito da localización do software 
> privativo, así que sería interesante se alguén falase do software libre.
> 
> Saúdos,
> 
> Lucía
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113