[G11n] Fwd: Re: g11n_v2:manual de localización de software

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
 Non estou seguro de que todas as miñas mensaxes cheguen á lista. Ás veces
 vexo-as, outras non, outras non pero alguén resposta a elas...

Eu tamén confirmo que chegou agora e hai once días.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] Fwd: Re: g11n_v2:manual de localización de software

2008-11-13 Conversa Xosé
Non estou seguro de que todas as miñas mensaxes cheguen á lista. Ás veces 
vexo-as, outras non, outras non pero alguén resposta a elas...

Sobre o manual de Mancomun escribin algo hai 10 dias; como non o vin, mando-o 
de novo.

Xosé



--  Forwarded Message  --

Subject: Re: [G11n] g11n_v2:manual de localización de software
Date: Luns 03 Novembro 2008
From: Xosé xoseca...@edu.xunta.es
To: g11n en mancomun.org

Alguns comentarios, evitando repetir outros comentados anteriormente e cos que 
coincido (ou non):

Efectivamente, falta unha xustificación do que pretende (o prólogo está 
baleiro). Suso xa o mencionou na reunión: é un manual interno de Mancomun - e 
así o deberiamos ver os demais: non son A Academia e non teñen poder 
normativo, mais a existencia deste manual é un paso adiante. Podemos estar a 
favor ou en contra das opcións que propoñen (podería estar máis presente este 
concepto en todo o manual, con expresións como optamos por... etc.) e facer-
lles caso ou non, pero penso que está chamado a ser unha referencia 
importante.

A parte de terminoloxía técnica debería estar máis desenvolvida. Non fica 
clara a relación entre LISA e OSCAR e PETER (perdón, este é de broma ;-).

No do cuarto principio, habería que xustificar por que se salta a este e non o 
1º, 2º e 3º. (probabelmente os asíduos comprendemo-lo, mais non alguén que 
veña novo).

En Criterios de estilo:
Traducións dos verbos modais: Vexo unha diferencia pragmática clara entre 
Garde os datos antes de continuar co seguinte paso (obrigatorio) e Debería 
gardar os datos antes de continuar co seguinte paso (consello, como faga 
unha copia antes de formatar o disco).

Tradución das formas terminadas en -ing:
Di No seguinte tipo de frases - que tipo de frases?? e Porén, nas 
situacións en que se describen as accións que se están a realizar mantense o 
xerundio - Por que?

Usos da pasiva
Outra posibilidade, en activa: O asistente [xa] engade as ligazóns 
automaticamente.

Utilización do infinitivo flexionado
Eu subliñaria os suxeitos a que se refire, por claridade.

Di: Un pequeno truco sería eliminar o eventual _que_ dunha tradución como... 
- truco para que? Hai-no que explicar.

Falta tamén un apartado sobre a posición dos pronomes nas perífrases de 
infinitivo.

As referencias sobre aspectos técnicos están algo mesturadas ou mal descritas, 
como o dicionario de trasno, que só é un glosario ou o dos proxectos de 
tradución de KDE e Gnome, que non sei que orde seguen.

Xosé


---


[G11n] Fwd: Re: g11n_v2:manual de localización de software

2008-11-13 Conversa Miguel Branco
O Thursday 13 November 2008 15:46:26 Xosé escribiu:
 Non estou seguro de que todas as miñas mensaxes cheguen á lista. Ás veces
 vexo-as, outras non, outras non pero alguén resposta a elas...

 Sobre o manual de Mancomun escribin algo hai 10 dias; como non o vin,
 mando-o de novo.

 Xosé



 --  Forwarded Message  --

 Subject: Re: [G11n] g11n_v2:manual de localización de software
 Date: Luns 03 Novembro 2008
 From: Xosé xosecalvo en edu.xunta.es
 To: g11n en mancomun.org

 Alguns comentarios, evitando repetir outros comentados anteriormente e cos
 que coincido (ou non):

 Efectivamente, falta unha xustificación do que pretende (o prólogo está
 baleiro). Suso xa o mencionou na reunión: é un manual interno de Mancomun -
 e así o deberiamos ver os demais: non son A Academia e non teñen poder
 normativo, mais a existencia deste manual é un paso adiante. Podemos estar
 a favor ou en contra das opcións que propoñen (podería estar máis presente
 este concepto en todo o manual, con expresións como optamos por... etc.)
 e facer- lles caso ou non, pero penso que está chamado a ser unha
 referencia importante.

 A parte de terminoloxía técnica debería estar máis desenvolvida. Non fica
 clara a relación entre LISA e OSCAR e PETER (perdón, este é de broma ;-).

 No do cuarto principio, habería que xustificar por que se salta a este e
 non o 1º, 2º e 3º. (probabelmente os asíduos comprendemo-lo, mais non
 alguén que veña novo).

 En Criterios de estilo:
 Traducións dos verbos modais: Vexo unha diferencia pragmática clara entre
 Garde os datos antes de continuar co seguinte paso (obrigatorio) e
 Debería gardar os datos antes de continuar co seguinte paso (consello,
 como faga unha copia antes de formatar o disco).

 Tradución das formas terminadas en -ing:
 Di No seguinte tipo de frases - que tipo de frases?? e Porén, nas
 situacións en que se describen as accións que se están a realizar mantense
 o xerundio - Por que?

 Usos da pasiva
 Outra posibilidade, en activa: O asistente [xa] engade as ligazóns
 automaticamente.

 Utilización do infinitivo flexionado
 Eu subliñaria os suxeitos a que se refire, por claridade.

 Di: Un pequeno truco sería eliminar o eventual _que_ dunha tradución
 como... - truco para que? Hai-no que explicar.

 Falta tamén un apartado sobre a posición dos pronomes nas perífrases de
 infinitivo.

 As referencias sobre aspectos técnicos están algo mesturadas ou mal
 descritas, como o dicionario de trasno, que só é un glosario ou o dos
 proxectos de tradución de KDE e Gnome, que non sei que orde seguen.

chegan si, eu leoas. Saúdos!!