[G11n] Guia de estilo [para Marce]

2008-05-13 Conversa Xusto
 Ola,

Ou moito me equivoco, ou podes descargar o documento ao teu equipo como .pdf
ou como .txt, e desde aí facer o que queiras con eles.

Se o pedimento dun ficheiro oasis ía tamén para min, non habería problema
ningún se soubera o que é :-(  

...pero se che vale nun .odt...


Xusto


-Mensaxe orixinal-
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nome 
de
mvillarino
Enviado: luns, 12 de maio de 2008 15:10
Para: g11n en mancomun.org
Asunto: Re: [G11n] Guia de estilo

O Luns, 12 de Maio de 2008, Iván Méndez escribiu:
 Boas a todos e todas.
Olá,

 http://softwarelibre.udc.es/GuiaEstilo
Moi interesantes as guías. Estou a pensar en empregalas como modelos para ir
mellorando a marce's style guide Hai maneira de obter unha copia da de
xusto? Non quero abrirme unha conta onde a subiu, e cando lle dou a
imprimir, faino en branco (non imprime).
Igualmente coa de Iván; é posíbel obtela nun ficheiro oasis?

 
 Correo enviado usando el servicio de Webmail de la UDC.

Cof, cof
--
Best regards
MV



[G11n] Guia de estilo [para Marce]

2008-05-13 Conversa mvillarino
O Martes, 13 de Maio de 2008, Xusto  escribiu:
  Ola,

 Ou moito me equivoco, ou podes descargar o documento ao teu equipo como
 .pdf ou como .txt, e desde aí facer o que queiras con eles.

Hai que ter conta no servidor, e o que non quero é ter que facela, o formato 
dame caseque igual.
-- 
Best regards
MV
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080513/744b0cae/attachment.pgp
 


[G11n] Guia de estilo [para Marce]

2008-05-13 Conversa Xusto
Ola,

Á vista dos problemas que está dando, coloquei o borrador da Guía de
estilo nun segundo alpendre, desde o cal é posible a visualización e a
impresión sen ter que activar unha conta.
http://issuu.com/xustorod/docs/gu_a_de_estilo_para_a_localizaci_n_de_softwar
e

Se alguén coñece un sitio máis completo, que permita tamén a descarga sen
ter que rexistrarse, que me ilumine, por favor.

Xusto

-Mensaxe orixinal-
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nome 
de
mvillarino
Enviado: martes, 13 de maio de 2008 9:31
Para: g11n en mancomun.org
Asunto: Re: [G11n] Guia de estilo [para Marce]

O Martes, 13 de Maio de 2008, Xusto  escribiu:
  Ola,

 Ou moito me equivoco, ou podes descargar o documento ao teu equipo 
 como .pdf ou como .txt, e desde aí facer o que queiras con eles.

Hai que ter conta no servidor, e o que non quero é ter que facela, o formato
dame caseque igual.
--
Best regards
MV



[G11n] Guia de estilo

2008-05-12 Conversa Xusto
Ola, 
 
Hoxe pola mañá, xusto antes de que se anunciase o cambio de rolda, enviei
unha mensaxe á antiga. Como algunha xente coa que falei non a recibiu,
reenvíoa de segundas, e pídovos disculpas anticipadas a aqueles aos que vos
chegue duplicada.
 
Un saúdo
 
Xusto Rodríguez.

  _  

De: Xusto [mailto:snlxusto en lugo.usc.es] 
Enviado: luns, 12 de maio de 2008 10:13
Para: 'Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao
galego'
Asunto: RE: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Guia deestilo


Ola,
Recollo (por alusións) unha mensaxe xa resesa.
 
Son Xusto Rodríguez e -por mor do convite que me fixeron a participar no
G11n- souben desta rolda e subscribinme a ela. 
Cacheando algunhas mensaxes antigas atopo este fío, así que -con coñecemento
de causa- podo contribuír a aclarar algo o asunto.
 
Ese borrador de guía de estilo de que se fala elaborouse hai uns dous anos
como traballo preliminar para un proxecto de localización ao galego de
software libre de interese universitario. O proxecto morreu antes de nacer
(un de tantos malpartos que se dan cando os galegos nos poñemos a algo) e
quedou como orfiño ese texto. 
A xente de Reverso, que soubo da súa existencia, pediunos permiso para
porfillalo, darlle estudos, presentarlle xente... en fin, facer del unha
guía de estilo de proveito, e nós dixémoslle que o utilizaran como mellor
viran. 
Ata o de agora o froito público foi o resumo que xa se mencionou aquí. 
 
Para quen teña curiosidade, ou queira comparar presenzas e ausencias,
similitudes e diferenzas, o documento orixinal pode consultarse en
http://www.scribd.com/people/view/833931
 
Un saúdo.
 
Xusto

  _  

De: ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego-bounces en mancomun.org
[mailto:ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego-bounces en mancomun.or
g] En nome de Manuel Souto Pico
Enviado: martes, 29 de abril de 2008 18:12
Para: Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao
galego
Asunto: Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Guia deestilo


Ei,


2008/4/29 Mar Castro mmcastro en cesga.es:


Ola.

Creo que eu podo aportar un pouco de luz sobre este tema. 

A guía de estilo que temos colgada na web de mancomún (e no wiki) elaborouse
cando se fixeron as primeiras localizacións dende mancomún. En concreto
elaborouna Reverso cando lles encargamos as primeiras traducións de Firefox
e thunderbird. Esta guía baséase na guía de estilo elaborada por Xusto A.
Rodríguez Río e Xosé Antón Rubal.


Refíreste a algunha obra publicada ou é algo que fixeron tamén para vós? Non
coñezo ningún libro de estilo deses dous autores.



A intención era obter máis adiante un documento máis extenso no que se
incluíra tamén unha descrición de como facer a selección e utilización de
terminoloxía, fontes de referencia terminolóxica, información sobre erros
máis frecuentes nas traducións ...

A cuestión é que por unhas cousas ou outras este proxecto nunca chegou a
fin. :-( 


Mágoa. 




Pode ser un dos temas a debater durante a xornada de traballo do domingo do
G11n. Que vos parece? 


A min paréceme unha óptima idea. Penso que nos viría moi ben ter un manual
deste tipo, para a localización ao galego. Sería bon falar diso. 

Unha aperta e moitas grazas, Manuel





Manuel Souto Pico escribiu:

  

Ola,



Teño unha pregunta referente ao guía de estilo de mancomun.org 

 http://mancomun.org http://mancomun.org. O que está aquí 

 http://wiki.mancomun.org/index.php/Gu%C3%ADa_de_estilo
http://wiki.mancomun.org/index.php/Gu%C3%ADa_de_estilo seica é un 

resumo. Alguén sabe onde se pode acceder ao guía completo?



Saúdos, Manuel



Penso que na primeira liña da páxina que indicas tes a ligazón.





  





___

Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list

Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_tra
ducion_ao_galego



___

Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list

Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_tra
ducion_ao_galego



  



___
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_tra
ducion_ao_galego




 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080512/f5d1f580/attachment-0001.htm
 


[G11n] Guia de estilo

2008-05-12 Conversa Iván
Boas a todos e todas.

En primeiro lugar, teño que me presentar. Son Iván Méndez e, durante 1  
ano, traballei como asesor lingüístico da infortunada Oficina de  
Software Libre da Universidade da Coruña.

En segundo lugar, gustaríame ter asistido á xornada, mais tiven esa  
fin de semana compromisos familiares que, evidentemente, non podía  
adiar.

Durante o tempo que traballei na OSL (até decembro), unha das ideas  
que tiven foi crear unha pequena guía de estilo para traballo interno,  
para previr calquera tipo de cuestión que puidese xurdir (ampliación  
de xente, cambio de persoas...), para manter unha coherencia coas  
traducións que se puidesen facer desde a OSL...
O problema foi que a guía de estilo non se chegou nin a publicitar nin  
publicar na rede dado que non se chegou a acabar; é máis, non pasou  
dunha intención e dun bosquexo. Foi, como ben dixo Xusto, un deses  
malpartos que acostuman pasar por aquí.

Fixen unha especie de guión e redactei algúns apartados. Non creo que  
poida servir para moito, mais para aquelas persoas interesadas póñovos  
a ligazón:

http://softwarelibre.udc.es/GuiaEstilo

Non está nin corrixida (ten erros), ten lagoas, algúns apartados só  
son propósitos, outros non teñen unha reflexión moi fonda... É dicir,  
cando chegou o remate dos contratos coa OSL da UDC quedou como estaba  
aínda que lle quedaba moito por facer.

Un saúdo




Correo enviado usando el servicio de Webmail de la UDC.




[G11n] Guia de estilo

2008-05-12 Conversa mvillarino
O Luns, 12 de Maio de 2008, Iván Méndez escribiu:
 Boas a todos e todas.
Olá,

 http://softwarelibre.udc.es/GuiaEstilo
Moi interesantes as guías. Estou a pensar en empregalas como modelos para ir 
mellorando a marce's style guide
Hai maneira de obter unha copia da de xusto? Non quero abrirme unha conta onde 
a subiu, e cando lle dou a imprimir, faino en branco (non imprime).
Igualmente coa de Iván; é posíbel obtela nun ficheiro oasis?

 
 Correo enviado usando el servicio de Webmail de la UDC.

Cof, cof
-- 
Best regards
MV
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080512/77bcd583/attachment.pgp
 


[G11n] Guia de estilo

2008-05-12 Conversa Jose Ramom Pichel
Ola a todos,

imaxin software desenvolvera para mancomun.org un guia de estilo que 
poderedes consultar en mancomun.org e que poderia complementar à 
desenvolvida por Marce.

Eu tamén non puiden acudir por compromisos á xuntanza G11n. :-(

Un saúdo,
José