[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade (era: Re: Pero non sen guerra pola nosa parte)

2009-10-11 Conversa Suso Baleato
Minhoca escrebeu:
> Suso Baleato escribiu:
> > 
> > Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
> > un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente? A partir
> > do martes 13 teño a axenda prácticamente libre (vantaxes de que lle corten a
> > un a cabeza por revolucionario).
> > 
> 
> Eu teño problemas á semá vindeira, e o tempo corre á nosa contra. Estou 
> disposto a falarmos físicamente este luns, festivo, pero á hora mais 
> tarde posibel (como se é de noite). Penso que os interesados en asistir 
> deberian contactar directamente con Suso e el organizase.
> 

Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en
Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra
máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por
definir (admítense suxerencias).

O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de
infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade aos
proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.

Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen queira,
e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, que
mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.

Saúdos e veña que vamos,

> 
> > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta para
> > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara ao 
> > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o resto
> > irá chegando de forma natural.
> > 
> 
> Adiante.
> 
> -- 
> ---
>   Saúde.
> ..
> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> 
> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> http://www.ciberirmandade.org
> 
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ..
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/


[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade (era: Re: Pero non sen guerra pola nosa parte)

2009-10-11 Conversa Minhoca
Suso Baleato escribiu:
> 
> Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
> un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente? A partir
> do martes 13 teño a axenda prácticamente libre (vantaxes de que lle corten a
> un a cabeza por revolucionario).
> 

Eu teño problemas á semá vindeira, e o tempo corre á nosa contra. Estou 
disposto a falarmos físicamente este luns, festivo, pero á hora mais 
tarde posibel (como se é de noite). Penso que os interesados en asistir 
deberian contactar directamente con Suso e el organizase.


> Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta para
> que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara ao 
> futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o resto
> irá chegando de forma natural.
> 

Adiante.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade (era: Re: Pero non sen guerra pola nosa parte)

2009-10-09 Conversa Suso Baleato
Medulio (XACB) escrebeu:
> Suso Baleato escribiu na data 07/10/09 19:26:
> 
> > mais por ir ás cousas prácticas: eu estou tratando de resolver agora mesmo 
> > os 
> > problemas loxísticos dos tres proxectos que coordeno (GNOME, OpenOffice e
> > Mozilla). Gustaríame saber se podería contar coas vosas máquinas para 
> > albergar
> > nelas servizos aínda que sexa de forma temporal. Tamén me gustaría saber se
> > habería xente disposta para asumir tarefas concretas do traballo de
> > localización. E sobre todo gustaríame saber se estaríades en disposición de
> > traballar conxuntamente tanto con Trasno como con Ubuntu ou se hai algún
> > "pique" ou incompatibilidade que impida ese traballo conxunto. Espero que
> > poidades desculpar a franqueza, pero é que non hai demasiado tempo para
> > sutilezas, me temo. 
> 
> Que se pode contar cos nosos recursos é algo que xa timos discutido e 
> acordado en máis dunha ocasión. Seguramente haberá que contratar mais 
> máquina, inclusive pensarmos nun servidor dedicado, e sobre isto temos 
> decidido tirar para adiante, e recadar os cartos como fixemos sempre, 
> mediante subscripción popular. Esta parte penso que a timos resolta con 
> anterioridade por outras conversas.
> 
> Dos piques... coido que ninguén pode falar aiquí de piques entre 
> colectivos. A CiberIrmandade sempre deixou a porta aberta a calquer 
> colectivo ou persoa que quixer facer uso dos seus recursos e ferramentas 
> polo ben da nosa lingua e país. Pola nosa parte, non nos pasa pola 
> cabeza nada negativo, tan só bogar, con remos distintos, mais na mesma 
> dirección que os demais. Así que coido que non podemos falar máis dalgo 
> que pola nosa parte non existe.
> 
> Na CiberIrmandade si estamos dispostos a traballar conxuntamente con 
> outros na medida das nosas posibilidades (técnicas e de tempo). Pero 
> sumando o noso e o de moita outra xente, seguro que entre tod en s podemos 
> (e debemos) facer algo.
> 

Ter claro que na Ciberirmandade deixades a porta aberta para que calquera
colectivo ou persona poida fazer uso dos vosos recursos e ferramentas é un
avance moi importante, máxime cando non estades esixindolle a ninguén que 
se asocie para fazer uso deles. 

Pola miña parte, e supoño que tamén por parte da maioría dos que participamos
nesta rolda, o único que podo expresar é máxima gratitude polo ofrecemento e
pola xenerosidade: a fin de contas grazas á Ciberirmandade dispoñemos xa 
dunha plataforma independente para darlle continuidade aos proxectos, esto é
algo realmente importante.

Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente? A partir
do martes 13 teño a axenda prácticamente libre (vantaxes de que lle corten a
un a cabeza por revolucionario).

De todos modos, debo insistir: como xa comentei con algunha xente da rolda,
a cuestión dos conflictos entre colectivos é algo que me preocupa, pois por
sí soa podería impedir a consolidación dunha alternativa sustentabel a
meio-longo prazo sen dependencia institucional, como esta que está tomando
forma. 

Compre por tanto saber se existe algunha obxección para empregarmos
os recursos da Ciberirmandade, ou algún impedimento que deba ser resolto
para poder fazelo. Así que, como se dí nas bodas: se alguén ten algo que
obxectar, que o diga agora ou que cale para sempre. O tempo corre na nosa
contra, iso sí.

> Canto ao de asumir tarefas, pola CIF fomos tirando para adiante na 
> medida da nosa humilde aportación. Tivemos e timos ciclos de diferente 
> grao de actividade, en función da xente que quería ou podía colaborar. 
> Nas traduciós centrámonos na aportación de xente non experta en 
> informática que ía traducindo aos poucos. Supoño que pase o que pase e 
> onde pase, poderemos sumar esforzos de distinto nivel: a ciberirmandade 
> pode aportar xente, organización, publicidade, eco nos medios, traduciós 
> non profesionais, experiencia no activismo lingüístico, mentres outr en s 
> poden aportar coñecemento mais técnico e de ámbito linguista. É cousa de 
> sumar, tod en s xunt en s.
> 

Efectivamente deso se trata, de sumar esforzos, cada quen dende aquelo que
mellor domine ou que máis lle guste. O importante é atopar o xeito de poder
integrar a todas as personas que queiran colaborar sen excluír a ninguén;
por suposto á xente integrada nos distintos colectivos (como a propria CIF,
Trasno, Ubuntu...), mais tamén á xente que prefire traballar de forma 
independente; e podo dar constancia de que esa xente independente existe por 
que me están chegando correos ofrecendo asumir tarefas concretas como 
programación de scripts, revisión lingüística, administración de sistemas ou
loxística dos proxectos. E por certo que aproveito para agradecer eses 
ofrececementos; lóxicamente haberá que ter en conta á xente que está tomando 
a iniciativa de poñerse en contacto comigo para ofrecer a súa axuda cando
chegue o momento de atribuir responsabilidades.

Penso que s