[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
máximo de correos e ruido.


http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=916catid=109Itemid=129

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito 
tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de 
lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos 
Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis 
usados como o navegador (Firefox) ou a ofirmática (OpenOffice). O 
Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente 
en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o 
software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar 
Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún 
continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta 
ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

http://www.ciberirmandade.org

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa damufo
Boas:
Quixen chuzar pero di que a historia está penalizada polo votos anónimos.


Minhoca escribiu:
 En chuza:
 http://chuza.org/historia/a-ciberirmandade-da-fala-cria-campanha-para-o-apoio-ao-software-livre/
 
 
 Minhoca escribiu:
 É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
 queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
 o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
 máximo de correos e ruido.



[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
damufo escribiu:
 Boas:
 Quixen chuzar pero di que a historia está penalizada polo votos anónimos.
 

Vexo que leva 39 votos, dos que 14 son anónimos (e 25 de usuarios 
rexistrados). É unha proporción moi alta de anónimos, polo que o sistema 
de chuza non permitirá mais anónimos mentres non aumente o de usuarios 
rexistrados.


 
 Minhoca escribiu:
 En chuza:
 http://chuza.org/historia/a-ciberirmandade-da-fala-cria-campanha-para-o-apoio-ao-software-livre/


 Minhoca escribiu:
 É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
 queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
 o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
 máximo de correos e ruido.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..