[G11n] bias, sesgo

2009-07-27 Conversa Miguel Branco

Cal é a forma correcta para cast. 'sesgo', eng. bias?

Pensaba que sesgo  era unha forma patrimonial, pero non son quen de atopala 
nin no volga nin dicionarios. Atopo 'nesgo, ó' que se corresponde cunha 
locución que aquí empregamos moito: 'ir ó sesgo', pero máis nada. 

grazas
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090727/6aea6aef/attachment.htm
 
[G11n] bias, sesgo

2009-07-27 Conversa Leandro Regueiro
 Cal é a forma correcta para cast. 'sesgo', eng. bias?

 Pensaba que sesgo era unha forma patrimonial, pero non son quen de atopala
 nin no volga nin dicionarios. Atopo 'nesgo, ó' que se corresponde cunha
 locución que aquí empregamos moito: 'ir ó sesgo', pero máis nada.

Isto é no ámbito da estatística ou noutro diferente?

Ata logo,
 Leandro Regueiro

[G11n] bias, sesgo

2009-07-27 Conversa Miguel Branco

 Isto é no ámbito da estatística ou noutro diferente?
si, aparece no Amarok, pero o contexto é o mesmo. Aplicar un sesgo para xerar 
a lista de reprodución etc

[G11n] bias, sesgo

2009-07-27 Conversa Miguel Bouzada
2009/7/27 Miguel Branco mgl.branco en gmail.com

  Isto é no ámbito da estatística ou noutro diferente?
 si, aparece no Amarok, pero o contexto é o mesmo. Aplicar un sesgo para
 xerar
 a lista de reprodución etc

Non digo que sexa iso, xa quen toño o contexto, pero en grabación bias é
un termo técnico moi concreto:
 http://diccionario-audio.buscamix.com/content/view/319/70/

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090727/a83b96db/attachment-0001.htm
 
[G11n] bias, sesgo

2009-07-27 Conversa damufo
Boas:
O dicionario tradutor da rag (2004)

sesgo -rumbo
Ex. algunos accionistas no estaban conformes con el sesgo que tomaba a 
empresa. Alguns accionestas non estaban conformes co rumbo que tomaba a 
empresa.
Al sesgo- ao nesgo, ao bies, ao través, de través. Ex. Corta el papel 
rayado al sesgo. Corta o papel raiado ao nesgo.

sesgar - nesgar
Ex. Sesgó la tela para hacer la falda. Nesgou a tea para facer a saia.

Sesgado - nesgado

Miguel Branco escribiu: