Ola a todos.

Isto non para é hoxe temos novos bugs abertos (ultimamente estou tendo
moito traballo de bugs en mozilla).

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=639853
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=639855

Contarvos que xa pechei os dous últimos bugs que vos lancei onte coas
traducións que puxen na lista, como vistes eran unhas poucas cadeas e
corrían présa (ía esperar pola vosas suxestións, pero tiven tempo no
traballo e resolvino ao longo da mañá).

Parece que para lanzar a versión do Firefox mobile, piden o mesmo que
para o Firefox, e corre moita présa e desta vez deberíamos resolver,
de forma correcta.

Abriron dous bugs, pero máis ben é un. Temos que definir motores de
busca en base a uns criterios. Hai que lerse o seguinte:

https://wiki.mozilla.org/L10n:Mobile/Productization
https://wiki.mozilla.org/L10n:Integrated_Search_Instructions

O que vos podo dicir eu.

# Global general search
google

# Reference search
wikipedia

# E-commerce search
Creo que ningunha, xa que só pode ser unha. Eu non coñezo e non me
complicaría a vida.
Aquí podería ir un dicionario. Como xa dixestes o galicionario, pero
habería que saber se está preparado para verse nos móbiles.

# Local search
Coñecedes algún que mereza a pena.

# Social search
Coñecedes algún que mereza a pena.

Cómpre pórse as pilas con isto. Miña idea é soltar no bug mañá as
nosas propostas. Como se quedan as mesmas da última vez, google,
galipedia e nada máis. Vos diredes?

Un saúdo.

Responderlle a