Re: axuda + gnome-admin

1999-09-26 Conversa Rub�n
Rubén escribíanos o 22 de Sep de 1999:

   Xa de paso mando a traducción de gnome-admin adxunta.

Sinto, Roberto, de verdade, pero teño que manda-lo parche :-P A
próxima vez non mandarei nada ata que esté todo ben feito.

-- 
...e tra-lo milagro temos un lote de novos seguidores da iglesia
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ]  [ IRCore developer ]  [ GPUL member ]


parche.gz
Description: Binary data


busco consello (f�ra de tema) ...

1999-09-26 Conversa CrEqUe
olá meus:

pois aproveitando o feito coxuntural de que o miño non pasa por escocia
e que estou nesta lista, busco consello sobre o seguinte tema:

vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...

teño 10 asignaturas cuatrimestrais troncais/obrigatorias, e 8 créditos
para libre conf que podo deixar para outros cursos. son 7 créditos en
todas as asignaturas da carreira, así que necesito cursar 2; e elexirei
entre as da propia carreira, que son todas as optativas de 3º.

son 15 optativas de 3º, e case todas son de programación ou orientadas á
intelixencia artificial que necesitan estudios previos sobre a materia
de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?
necesito tamén estudios previos doutras asignaturas antes ca estas?
cales me recomendades, se teñen que ser dúas e cada unha dun
cuatrimentre diferente a poder ser? ...?

PD: estou decidido a facer o que digo, así que a non ser que creades que
cometo un grave erro non me fai falta consello sobre o resto:
simplemente se é mellor coller estas en 2º ou 3º por necesitar de
coñecementos sobre outras asignaturas, e cales debería coller neste
caso.

PD2: non importa que os datos que me deades sexan precisos, que non haxa
estas asignaturas nas vosas facultades ... simplemente busco orientación
:)

 
gracinhas por adiantado aburinho!!

CrEqUe  cre...@futura.interbook.net


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


GPUL-traduccion + GzLiNuX

1999-09-26 Conversa CrEqUe
olá meus:

antes de nada, que se me pasou dicivos a dirección:
http://gzlinux.dhs.org
é dhs e non dhis que moita xente confúndeo!! :)

o de molestar, non o dicía por molestar de forma activa senón pasiva:
porque se estades cun debate interno, por exemplo cando decidades a
forma de colaboración entre os dous grupos, non é lóxico ter un axente
de espionaxe porque pode coartar a liberdade de opinión de alguén. era
só iso :)

todo o que dixen é pura especulación, simplemente era unha toma de
contacto. por exemplo, xa sei que non podemos chamarnos TGLUG porque xa
dixo Rubén que non somos un LUG (foi a primeira parvada que se me
ocorreu, era por destacar que non se chamara como ningún dos grupos).
tanto é unha especulación que aínda non mandei nada de información ao
noso grupo XD.

é certo iso da coordinación. ultimamente estiven moi liado e por iso non
puiden poñerme en contacto antes con vós. o que me inquieta moito é Jose
Dapena que comentou algo de distribucións ... porque polo momento nós só
temos 4 howtos mal feitos :( . o certo é que aínda somos un grupo
pequeniño e o peor é que aínda non é un proxecto moi estable. podedes
explicarme o da distribución mellor :?

e xa para rematar, vou contar isto no noso grupo e facer un guión sobre
as posibles formas de colaboración (páxinas conxuntas, seguir mantendo
as dos dous grupos ..) para logo debatir sobre iso, para ter algo sobre
o que comezar a falar :)

PD: isto último xa non o fago porque xa se tomou Xaquin a molestia :))
 
aburinho!!

Manuel A Fdez Montecelo  cre...@futura.interbook.net


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Conferencia de LuCAS

1999-09-26 Conversa CrEqUe
olá meus:

como dicía na mensaxe anterior ía facer eu isto pero agora que te
tomaches a molestia  ... XDD
graciñas :)

Xaquin Lores Torres wrote:
 
 Boteille uha ollada a conferencia, é moi interesante.
 
 Seguindo co tema do linux-galego estiven a pensar algunhas cousas.
 Espero que sirvan como punto de partida para discutir o proxecto, e facer
 algo tanxible rapidamente. :-)
 
 Aparte de críticas a algún punto determinado gustariame que désedes a
 vosa opinión sobre o conxunto, sobre as posibilidades de reais de facer algo.
 
 1.-Situación actual:
 
 Sobre Galicia.
 -poucos galegos: 3.000.000
 -poucos ordenadores
 -pouca xente conectada
 -poboación dispersa, conflicto Coruña/Stgo./Vigo
 -atomización de esforzos (moitos pequenos grupos desconectados en
 informática: xis, linux, inf. educ., etc)
 -non hai publicacións galegas sobre informática
 -conflicto de normativa ortográfica
 -non hai apoio das Admons. (soft en castelan, uso de formatos .doc, etc)
 -primeiras instalacións de linux de empresas (san luis) e Admons. (Dip.
 coruña)
 -windows ven preinstalado, o win2000 terá galego.

todo correcto
 
 Sobre linux.
 -pouco amigable comparado con Win
 -non preinstalado
 -non libros á venda (cada vez mais)
 -faltanlle aplicacions de usuario final (Access, corel, fontes, etc)
 -non formación
 -non soporte en empresas galegas.

a pesar do que di Rubén linux parece moito menos amigable ca win.
simplemente con oir falar de que hai que montar o CDROM a xente bótase
para atrás. e aínda que o GNOME estea moi ben e sexa moi bonito, o
manexo de fontes do servidor de X en canto a aumentar tamaño e tal é moi
penoso. e compilar o kernel é algo que asusta. e cando te metes na
pantalla negra éntranche uns calafríos que pa que. e ... pillades non
;?
e digo parece porque no fondo xa sabemos cal é máis amigable ...

como tamén dixo Rubén si que comeza a vir preinstalado, pero é algo moi
incipiente. que eu saiba sobre todo vén instalado en servidores, e as
empresas me parece que son Dell e IBM.

e libros si que hai, hai libros a esgalla, e non difíciles de atopar;
ademáis das revistas (igual minto, pero arredor duns 10-20 sobre
linux-unix). e estou falando dunha librería normaliña de lugo, que nin é
especializada, nin a máis grande, nin a máis moderna nin nada; máis ben
achégase ao contrario.
 
 2.-Elementos desexables no proxecto
 
 -Ter en conta como destinatario de todo o traballo ó usuario normal,
 non informático.
 -Actuar en Internet e fora dela.
 -Integrar grupos e sectores distintos: grupos de linux, Admon, escolas,
 traductores, filologos, periodistas, xente de empresa, etc.
 -Equilibrio entre complexidade e flexibilidade. Certo grado de liberdade
 apra os integrantes.
 -Non limitarse a traducir, crear programas/paquetes necesarios.
 -Priorizar traballos, haberá que crear un plan de traballo.

dacordo coa sección situación actual o que plantexas nesta é ben
complicado. estou contigo no de que é mellor crear un hispalinux
galego, pero non ir máis aló, porque si é certo que é moito traballo e
eu non estou disposto a facelo. non creo que haxa moita xente de
marketing etc. disposta a seguir a filosofía GNU.

dicía Rubén que alguén tiña que ocuparse das webs, das novas ... e que
tal o GLUG :?

creo que é idóneo crear un proxecto común no que cada grupo manteña a
súa estructura e todo iso. porque se por exemplo se fan as webs para
todo o proxecto, as estructuras das webs de cada grupo terán que
cambiar, o que faga as webs do proxecto romperá a cabeza para que todo
cadre, se non se fai así seguramente haberá que cambiar os
estatutos/normas de cada grupo, ... en resumo, ao ser os grupos
existentes moi diferentes entre si e proceder de distintos ámbitos e
tal, é mellor comezar así. logo pódense ir modificando as cousas
paseniñamente e con tempo, porque entre outras cousas, se ao final o
proxecto fracasase tería pouco impacto nos grupos.

por certo, non sei se coñecedes un grupo que tamén hai e no cal estou,
co proxecto linux_gl: mini-distro en galego. se vos interesa preguntade,
non temos webs aínda e a lista de correo está cambiándose. é un proxecto
encadrado no GLUG.
 
 3.-Meta
 
 Un sistema operativo en galego, para o galego, para Galicia. Esto último
 quere decir en Admon, escola, uso particular, etc. partindo da realidade
 galega.

que verde era mi valle!!. si, eso, non perdamos a ilusión ... ;)
 
 4.-Web linux-galego
 
 Punto de encontro de interesados en linux en Galicia. Non duplicar o
 traballo de outros proxectos (anuncios de novos programas, etc).
 Estructura parecida a hispalinux, con grupos dentro que actuan con
 liberdade, de forma coordinada.
 
 Dar:
 -últimas versions de traduccións
 -paquetes para galeguizar as distribucións
 -información para galeguizar unha instalación
 -información para comprar, formarse, conseguir soporte, etc. en Galicia
 -noticias linux en galicia (serían poucas :-))
 -apoio ó traballo dos grupos
 --coordinación
 --comunicación
 --ferramentas
 --materiais (dicc.,normas, etc)
 

Mais cousas

1999-09-26 Conversa Xaquin Lores Torres
Hola

Acabo de ver unha web que parece moi interesante, chamase Simple End User 
Linux http://www.seul.org
Creo que deberiades mirar o manifesto e o borrador de FAQ, mais que nada 
porque penso moi parecido a eles e así afórrome de decir moitas cousas ;-))

Basicamente queren conseguir que linux sexa unha opcion válida para un 
usuario normal.

Item mais, o seu esquema de organización é interesante, traballan en 
grupos autónomos de forma coordinada. Teñen un dominio seul.org e logo 
cada grupo ten o seu subdominio. (OLLO, non quero decir que esa sexa a 
opcion que me parece mais adecuada para o noso problema :-)) 

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: busco consello (f�ra de tema) ...

1999-09-26 Conversa Rub�n
CrEqUe escribíanos o 24 de Sep de 1999:

 vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
 que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...

Benvido ó clube dos estudiantes de informatica na universidade :)

 de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
 en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?

Sistemas en tempo real non sei como vai, nunca oin falar dela a
ninguén, pero para coller periféricos precisas coñecementos de tecoloxía de
computadores, e dicir, precisas coñecementos de electrónica dixital, porque
(polo menos na miña facultade) comezan aprendéndoche a estructura interna
dun microcontrolador. De tódalas formas, se estudias na Coruña e tes sorte,
pode que so che manden aprender de todo o que che ensinen o ensamblador
dos micocontroladores 8056 (creo que era ese número), e logo xa como
funciona por dentro unha impresora, un rato, un monitor, e algunha cousa
mais, pero esta segunda parte é realmente fácil, e non precisa de
coñecementos anteriores.

Se che gusta xogar con GTK, podes coller algo que se chame así coma
Interfaces co usuario, na que che aprenden regras que se deben seguir para
facer uns interfaces amigables, coherentes, etc. E o mellor e que non
precisa de ningún coñecemento anterior.

Outra para a que non precisas coñecementos previos é ciencia
cognitiva, vai sobre cómo funciona a nosa mente, é cómo se podería modelizar
para facer un sistema informático que a simulase. Fálanche algo de redes de
neuronas, pero polo menos na facultade da Coruña, ensinanche o básico para
seguilos por se se dera o caso de que non tivera-la asignatura de RNA
(chamada Sistemas conexionistas, na miña facultade). Pero para que che guste
realmente esta asignatura tívoche que picar o gusaniño da intelixencia
artificial :)

-- 
Todalas cousas son posibles, mais non todas son convenientes. 
  San Pablo
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ]  [ IRCore developer ]  [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe