Re: Servidor Pootle de proba.

2006-07-23 Conversa mvillarino
O Venres, 21 de Xullo de 2006 17:42, Felipe Gil Castiñeira escribiu:

 Isto supoño que será cambiado, pero a única forma que atopei de poñer o
 arquivo .po dun proxecto novo (neste caso o vim), foi a de copialo a
 man na estrutura de directorios.


Non, parece-me que subim um (o de kmymoney para galego). Si tiven problemas, 
pero o que fixen foi indicarlle que o programa era non sei que de kde e 
mudarlle o nome para kmymoney.po. Asi aceitou-mo.
O que non atopei foi o dos obxectivos e asinacións.

 Para min sería o ideal. É certo que con este enfoque aparecen novos
 problemas, pero estou seguro de que cando estean solucionados a
 cantidade e calidade das traducións aumentará significativamente.

Para min tamén sería ideal que dentro de trasno houbese un Pootle, e dentro 
deste réplicas dos repositorios dos distintos proxectos, cada un coas suas 
atribuzóns, para desta maneira:
- quen queira poda usar a interface web
- e quen non, coma min, que baixe o .po,
- con permisos, para evitar intromisións  non desexadas, como lle apareceu á 
equipa -oficial- de tradución de KDE ao castellano con Rossetta: Un novo 
usuário adicou-se a mudar en Launchpad a Capitalizazón De Certas Mensaxes Dun 
Ficheiro Totalmente Traducido, cousa que vai en contra de non-sei-que regra 
desa equipa.
-tamén se poderia colaborar cos desenvolvementes de Pootle, indicando-lles que 
ferramentas adicionais precisariamos, ou mesmo que pontos fracos ten a sua 
interface ou a documentación (v.gr. o dos obxectivos, ou un exemplo de 
adición de proxecto e subida de ficheiros po).

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpbro9r491eu.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: T en BP

2006-07-23 Conversa Xabi G. Feal


Oes, Marce, ¿sabes que susto levei cando vin a un tal Xabier García Feal na 
páxina principal de KDE? Non vira esta de barrapunto, non paga a pena ler 
todo o fío de comentarios.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno