Re: discutir mais termos

2006-08-18 Conversa mvillarino
O Xoves, 17 de Agosto de 2006 17:37, Leandro Regueiro escribiu:
 Ola,

 randomize (verbo)

Pode ser desordenar?

 o efecto de escalar (cambiar as dimensións dunha cousa) é escala?

Escalar ten o mesmo defeito que renomear ou proxy: impuxo-se o seu uso.
debug=yes, pleaseO resultado de mudar as dimensións dun obxecto aplicando 
unha lei dada é umha homotécia desse objecto. A homotécia é umha 
transformación afin do espazo, as outras son: translaçom, giro (respeito da 
orixe) e simetria./debug

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpg5WV3FdwF7.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: discutir mais termos

2006-08-18 Conversa Xabi G. Feal

  Ola,
 
  randomize (verbo)

 Pode ser desordenar?


Existe aleatorizar?

  o efecto de escalar (cambiar as dimensións dunha cousa) é escala?

Redimensionar, por exemplo, imaxino se atopa na misma situación. Pero escala
si existe no dicionario co signficado de proporción entre distancias no mapa e 
na realidade. Mais deducir a verba escalar, que non ten nada que ver con 
escala, creo que non é correcto para nada, como renomear, que se forma 
de renome e non ten relación con dito substantivo.




 Escalar ten o mesmo defeito que renomear ou proxy: impuxo-se o seu uso.
 debug=yes, pleaseO resultado de mudar as dimensións dun obxecto
 aplicando unha lei dada é umha homotécia desse objecto. A homotécia é umha
 transformación afin do espazo, as outras son: translaçom, giro (respeito da
 orixe) e simetria./debug
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: discutir mais termos

2006-08-18 Conversa Leandro Regueiro

On 8/18/06, Xabi G. Feal xab...@gmx.net wrote:


  Ola,
 
  randomize (verbo)

 Pode ser desordenar?


Existe aleatorizar?


Polo menos o meu diccionario non reflicte iso. Busquei tódalas
palabras que comezaban por aleat pero non hai ningún verbo.


  o efecto de escalar (cambiar as dimensións dunha cousa) é escala?

Redimensionar, por exemplo, imaxino se atopa na misma situación. Pero escala
si existe no dicionario co signficado de proporción entre distancias no mapa e
na realidade. Mais deducir a verba escalar, que non ten nada que ver con
escala, creo que non é correcto para nada, como renomear, que se forma
de renome e non ten relación con dito substantivo.




 Escalar ten o mesmo defeito que renomear ou proxy: impuxo-se o seu uso.
 debug=yes, pleaseO resultado de mudar as dimensións dun obxecto
 aplicando unha lei dada é umha homotécia desse objecto. A homotécia é umha
 transformación afin do espazo, as outras son: translaçom, giro (respeito da
 orixe) e simetria./debug


Se non se pode usar escalar, usaremos redimensionar, e de paso en vez
escala, redimensión, ou algo así.

Homotecia é un termo correcto e que se axusta ó significado de scale
(substantivo) que estaba buscando, pero cal é o verbo??

E outra cousa. Estou usando tesela coma tradución de tile, tradución
correcta, pero que non se axeita ó contexto. No Inkscape usase tile
coma cada unha das posicións dunha táboa, que se enchen con clons dun
obxecto. Se alguén quere miralo por si mesmo pode ir ó menú
editar-clonar-crear un mosaico de clons...


Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Publicada a tradución non oficial de Firefox 1.5 ao galego

2006-08-18 Conversa Jacobo Tarrio
 Veño de subir ao meu servidor a versión 1.0 da tradución non oficial ao
galego de Mozilla Firefox 1.5.

 Para poder ter Firefox en galego non é preciso desinstalar a versión en
inglés ou castelán e instalar unha versión en galego; a tradución é unha
extensión para Firefox que se pode aplicar nun Firefox xa instalado para
facer que apareza en galego. A mesma extensión serve para calquera versión
de Firefox na serie 1.5 (1.5, 1.5.0.1, ...) en Windows, Linux/Unix e MacOS.

 Pódese descargar a tradución no seguinte URL:

http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

 As instrucións de instalación e accesos ás versións antigas da tradución
están no seguinte URL:

http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla

 Desfrutádeo e dádelle publicidade á cousa :)

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno