> Por certo, alguén se lle ocorreu botar-lle unha ollada aos miolos
> dicionário galego de Hunspell?, (o que saiu co OpenOffice traducido).
> Na miña opinión, se cadra pouco fiábel por ser da "competensia", é que os
> autores trataron de dificultar ao máximo que alguén alleo poda entende-lo.
> Gostaria coñecer outras opinións.

Andiven a ollar, só dicir que empregan un sistema de etiquetas para prefixos e 
afixos do ficheiro .aff totalmente incomprensíbel sen unha guía de referencia
a maiores. É dicir, para cada palabra do ficheiro dic estabelecen os posibeis 
conxuntos de prefixos e sufixos, cada cal representado por unha etiqueta. A 
etiqueta é numérica. Para revisar os posibeis afixos que permite tal vocablo 
do dic, hai que ir ao aff e mirar por cada referencia numérica da anterior. O 
problema ven cando se queira implementar un novo vocablo no ficheiro dic e 
haxa que saber qué conxunto de afixos atura. E para iso eles teñen que ter un 
bo manual de referencia onde haxa as correspondencias entre etiquetas e 
afixos de vocablos ou conxugacións. 

Semella que a máxima de software libre referente á liberación do código non a 
entenderon ben ou, mellor, máis vale reservarse o dereito económico de 
revisar e modificar. O desenvolvemento do dicionario sigue así en propiedade 
da empresa, simplemente por imposibilidade de que o fagan outros. Agora xa 
non son os máis competentes, se non que son os únicos que poden facelo.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a