Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Xabi G. Feal
O Wednesday 26 December 2007 20:46:47 Manuel A. Vázquez escribiu:
 Ola a todos:
 Estou a intentar retomar a tradución e vou mirar a ver que podo facer co
 kdeedu antes do día 3. 

Benvido sexas, non te agobies. Xa o mandarás cando poidas.

 Teño problemas con kbabel e co xestor de 
 catálogos... A ver que fago.

Benvido ao clube tamén.

 Saúdos
 Manuel A. Vaźquez

Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Leandro Regueiro
On Dec 27, 2007 1:25 PM, Miguel Branco bandu...@gmail.com wrote:
 Igualmente, saudos!.

 Se necesitas axuda coa terminoloxía científica dalgúns paquetes axudo
 encantado (kmplot, kalzium, kalgebra...). Por moi incrible que pareza os
 biólogos temos que andar finos coas matemáticas e a estatística. ;) .

Pois serache porque as matemáticas e maila estatística son precisas en
todas partes. O que sempre me pareceu máis raro foi que a xente que
tira por un bacharelato tecnolóxico tivera que estudiar linguas, etc.
Se total sigo sendo un ser humano totalmente antisocial, mira ti de
que me valeu...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Miguel Branco
Hahaha, non será pra tanto ho!. 

O meu é unha revindicación persoal. Cando lle dis a alghén, -no', é que son 
biólogo- mirante con cara de eh e espetan o de -eso que é, o dos bichos?-. 
A xente non ten idea de que as famosas analíticas que che fan nos hospitais 
non as fan os médicos, que a todo isto non teñen nin idea de como facelas, 
senón biólogos. E para iso tes razón, hai que pasar pola estatística e as 
mates, que están en tódolos lados (e grazas!). 

El Thursday 27 December 2007 14:25:05 Leandro Regueiro escribió: