Subín de novo máis cousas e de paso probei o KDELiveCD. A verdade, é 
abraiante, non ten nada que ver co anterior. Está moito máis pulido en 
cuestións de usabilidade, ten as opcións xustas de configuración, ás que se 
accede doadamente e, o mellor é a velocidade, vai máis rápido, con 
diferencia, mesmo lido dende un CD, que o actual KDE3, e facendo uso das 
novas caralladas que fai o KWin co "composite", ao estilo de Compiz. Fíxose 
moito fincapé na usabilidade e se nota, non é a habitual sobrecarga da 
interface (e mal gusto decorativo) á que nos tiñan acostumados os de KDE.

Por outra banda, espero que neste par de semanas lle metan algo a man porque 
precisa dun pulimento gordo, de "Release Candidate" non tiña nada, máis ben 
de Beta. 

Responderlle a