Noraboa

2008-01-04 Thread mvillarino
82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso!

Estes últimos días pensei que non o íamos lograr, pero ahí o Xabi portouse ao 
final ;-)
Pola miña banda, irei tomar uns días para adicarme a Keme, e logo, voltarei a 
ver se logramos chegar ao 90%.

Gostaríame aproveitar para darlle algo de publicidade ao proxecto  RKWard, que 
para finais de mes saca versión (0.5.) para kde4, a ver se alguén se anima a 
traducilo (é pequeno). Vai de estatística --veña machotes, que xa nos 
coñecemos todos e sabemos que hai moitas carreiras polo mundo adiante onde se 
fai máis uso da análise matemática e da estatística multivariante do que 
parece }-) --

Saúde!
-- 
Best regards
MV
><º> ¸.·´¯`·... ><º> ¸.·´¯`·...¸ ><º> ¸.·´¯`·...¸ ><º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Noraboa

2008-01-04 Thread Manuel A.
Ola a todos:
Eu fixen o que puiden pero penso que enviei tarde as miñas traducións
(onte preto das 24 h). Seguirei con kdeedu, se non hai inconveniente...
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez



__ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y m�viles desde 1 c�ntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com


Re: Noraboa

2008-01-04 Thread Xabi G. Feal
> 82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso!

Todos sabemos que o importante é 













quedar por riba dos cataláns.
(ui como vexa Albert Astals a mensaxe...)


Re: Noraboa

2008-01-04 Thread Leandro Regueiro
Igual non se decata de que despois de tantas liñas en branco hai algo
máis :) Noraboa. En momentos así boto a alguén de menos que me anime
cas miñas traducións :)

Ata logo,
Leandro Regueiro

On Jan 4, 2008 12:08 PM, Xabi G. Feal  wrote:
> > 82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso!
>
> Todos sabemos que o importante é 
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> quedar por riba dos cataláns.
> (ui como vexa Albert Astals a mensaxe...)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Noraboa

2008-01-04 Thread Miguel Branco
Aplauso xeral!!. Si señor!. 

Parece mentira que os galegos teñamos un equipo máis en forma cós italianos, 
ou proporcionalmente cos alemás, que se quedan arredor do 90% e mesmo 
españolitos que sendo 400 millóns (according to the RAE) non chegaron ó 100%. 

Será que somos moi traballadores?

O obxectivo agora é ter ó 100% a tradución pra KDE 4.1 (que se espera pr 
último cuarto de ano)!!

> 82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso!
>
> Estes últimos días pensei que non o íamos lograr, pero ahí o Xabi portouse
> ao final ;-)
> Pola miña banda, irei tomar uns días para adicarme a Keme, e logo, voltarei
> a ver se logramos chegar ao 90%.
>
> Gostaríame aproveitar para darlle algo de publicidade ao proxecto  RKWard,
> que para finais de mes saca versión (0.5.) para kde4, a ver se alguén se
> anima a traducilo (é pequeno). Vai de estatística --veña machotes, que xa
> nos coñecemos todos e sabemos que hai moitas carreiras polo mundo adiante
> onde se fai máis uso da análise matemática e da estatística multivariante
> do que parece }-) --

Non estaría mal traducilo, eu úsoo e se alguén se une a moción metémoslle man 
máis adiante.



Re: Noraboa

2008-01-04 Thread mvillarino
O Venres, 4 de Xaneiro de 2008, Miguel Branco escribiu:
On Friday, 4 de January de 2008, you wrote:
> Será que somos moi traballadores?

Que vá ho!, é que estamos a adestrar para as olimpiadas ;-)

> O obxectivo agora é ter ó 100% a tradución pra KDE 4.1 (que se espera pr
> último cuarto de ano)!!

Pois como durante este ano sigan ao ritmo de anovar cada semana o 1% das 
mensaxes, como durante o 2007, para min que non.

Xa sen bromas, estamos moi ben posicionados: case todos os módulos están moi 
completos, e os que están máis en bragas son os máis gorentosos (koffice, 
kdeedu, kdepim), e destes, unha parte interesante non é publicado á vez que 
4.0.0, como é o caso de kdepim e koffice, que levan o seu proprio ciclo.

No que se refere ás partes traducidas, cando menos pola miña banda, non nos 
limitamos a completar as non traducidas e as dubidosas, senón que se foi 
revisando todos os textos, o que permiteu corrixir boa cantidade de mensaxes,  
así como uniformizar moito o estilo e a norma ortográfica (eliminando a norma 
de mínimos que eu mesmo tiña introducido).
---Porén , ao non dispor de corrector ortográfico, non podo garantir que non 
teña fallos de ortografía, a ver con kaider e sonnet.---

E isto que permite? Pois pola miña banda, sei que cando no futuro estexa a 
traballar nun módulo ao que lle teña metido mao, podo concentrarme só  nas 
mensaxes sen traducir e dubidosas, e validar automaticamente as traducidas, o 
que evidentemente acelera moito o traballo de facer mantimento. Ademáis, sei 
que en koffice e edu non usei ortografía reint., ademáis que koffice xa foi 
mirado por Miguel, polo que se algún día entro neses dous módulos (cousa que 
non teño vontade para facer), podo caseque de certo ir direito á cerna do 
traballo.

Buf, alóngome de máis, debe ser o andazo de gripe, que me pillou. Até logo.

Nota: lembraime que vos pase a "guía de tradución de frases recorrentes" que 
me fixen.
-- 
Best regards
MV
><º> ¸.·´¯`·... ><º> ¸.·´¯`·...¸ ><º> ¸.·´¯`·...¸ ><º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.