Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
acordo para traducir todos da mesma maneira.

Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e seseo
non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para tódolos
xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir iso,
ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para facer
máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o que se
inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes sen ter
que ir a google.

Saúdos

Víctor Portela


2009/4/5 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> Imaxino que os tradutores do Battle for Wesnoth que traducíchedes ou
> estades a
> traducir algunha campaña na que falan personaxes da especie dos ananos,
> notaríades que a súa fala é popular, non respecta as normas do inglés, e
> parece procurar asemellarse á pronuncia que empregan os ananos.
>
> Ata o de agora, eu viña manifestando esta diferencia a través dunha
> tradución
> con seseo, gheada e outras moitas formas do galego falado, que non se
> tiveron
> en conta na normativa escrita. Pero o certo é que meter "fenómenos
> lingüísticos non normativos" ao chou e a esgallo na fala dos ananos podería
> non ser respectuoso coa xente que fala deste xeito, entre os cales,
> nalgunhas
> das formas, me inclúo.
>
> Así e todo, creo que si que sería necesario que os ananos utilizasen
> algunha
> destas formas dialectais non normativas do galego na súa fala para facer a
> distinción de carácter popular que ten o inglés orixinal.
>
> Coido que o mellor sería poñernos dacordo nos rasgos que lle imos aplicar á
> súa fala. Ben elixindo unha zona de Galicia e aplicándolle á fala dos
> ananos
> os fenomenos do lugar, ou ben elixindo diferentes fenómenos de distintas
> partes -o que imaxino sería menos correcto técnicamente, pero menos
> ofensivo
> que se eliximos que os ananos viven nunha zona concreta-.
>
> Pero se isto xa foi falado, facédeme saber cal é o acordo. Insisto en que
> algunha dirferencia coa escrita normativa debería haber.
>
> Un saúdo, e perdoade polo tostón,
>
>                Adrián Chaves Fernández
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a