Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:
 Copia definitiva dos estatutos (que é a que pasei na charla do irc e xa
 semanas antes)

 Se alguén sabe como poñer ben a numeración dos capítulos e eliminar a páxina
 sobrante por capítulo, adiante, vai tm anexo en formato .tex (mirarei isto
 mañán pola mañá, senón téñoo editado polo método tradicional). É unha chapuza
 xa o sei: aínda estou aprendendo LaTeX :)
 
 Vexo moitas páxinas en branco e algunhas páxinas teñen dous números na
 cima. E a asemblea de constitución é o día 1 de novembro?
 
 Non che saberia resolver as dúbidas.
 
 Ata logo,
Leandro Regueiro
 
Aquí tamén vexo moitas en branco, en concreto a 14, 16, 18 e 20. O da
data 1 de novembro?

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrXjZ8ACgkQmLtmJqKk+biapACeM98AazzCunVogDaw5P0dkG8G
NtYAnjiaUmaDFzE7E730M/fcBHfXRaXN
=XulC
-END PGP SIGNATURE-

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Miguel Branco

 Vexo moitas páxinas en branco e algunhas páxinas teñen dous números na
 cima. E a asemblea de constitución é o día 1 de novembro?

ah, non cambiei a data -- erro
téñoo editado co scribus -correctamente_ así que non pasa nada))

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Antón Méixome
Moi ben, en tex... e como fai un pobre corrector para poder editalo,
porque non vai ser cuestión de editar o pdf, non?

O do 1 de novembro eŕa a data proposta como de arrinque de
actividades, día de defuntos, para ter algo que celebrar na eternidá
e que se nos sumen os espíritos dos trasnegos idos. :-)

2009/10/15 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

 Vexo moitas páxinas en branco e algunhas páxinas teñen dous números na
 cima. E a asemblea de constitución é o día 1 de novembro?

 ah, non cambiei a data -- erro
 téñoo editado co scribus -correctamente_ así que non pasa nada))

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Xabier Villar
2009/10/16 Felipe Gil Castiñeira felipe...@gmail.com

 Miguel Branco wrote:
  Copia definitiva dos estatutos (que é a que pasei na charla do irc e xa
  semanas antes)
 
  Se alguén sabe como poñer ben a numeración dos capítulos e eliminar a
 páxina
  sobrante por capítulo, adiante, vai tm anexo en formato .tex (mirarei
 isto
  mañán pola mañá, senón téñoo editado polo método tradicional). É unha
 chapuza
  xa o sei: aínda estou aprendendo LaTeX :)
 
 Ola Miguel,

 Estiven xogando un pouco co estilo. Se queres úsao como punto de partida
 para o documento definitivo.

 Un saúdo.
 Felipe

Eu estaba a botarlle un vistazo, pero gústame moito a túa versión... non
coñecía nin scrbook nin scrpage2. Sempre usei fancyhdr, pero creo que vou
cambiar. Usar Times tamén é un acerto, dá mellor acabado.
O único que engadiría sería a opción openany en caso de que se queiran
eliminar páxinas en branco entre capítulos, pero creo que impreso queda
mellor tal como o tes ti.

-- 

Xabier Villar

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Miguel Branco
gústame si, vai ser a final

saúdos!

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Leandro Regueiro
 Copia definitiva dos estatutos (que é a que pasei na charla do irc e xa
 semanas antes)

 Se alguén sabe como poñer ben a numeración dos capítulos e eliminar a
 páxina sobrante por capítulo, adiante, vai tm anexo en formato .tex
 (mirarei isto mañán pola mañá, senón téñoo editado polo método
 tradicional). É unha chapuza xa o sei: aínda estou aprendendo LaTeX :)

 Estiven xogando un pouco co estilo. Se queres úsao como punto de partida
 para o documento definitivo.

 Eu estaba a botarlle un vistazo, pero gústame moito a túa versión... non
 coñecía nin scrbook nin scrpage2. Sempre usei fancyhdr, pero creo que vou
 cambiar. Usar Times tamén é un acerto, dá mellor acabado.
 O único que engadiría sería a opción openany en caso de que se queiran
 eliminar páxinas en branco entre capítulos, pero creo que impreso queda
 mellor tal como o tes ti.

Home, quedar queda ben se é para imprimir. Como copia dixital toca
bastante as narices ver tanta páxina en branco, pero como a idea é
imprimir...

Moitas grazas polo voso traballo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Jacobo Tarrio
 Na páx. 9, cap. 2 art. 6 apd. 3, primeira liña, contribuían - contribúan

2009/10/16 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 Algunhas erratas que creo que habería que corrixir:

 Seguindo o formato en PDF que fixo Felipe

 pax. 11 cap.3 art. 13
 A elección de presidente realízanse conxuntamente  [realíza(n)se]

 pax. 12 cap.3 art. 13 apd. 5
 .. segrega ... [secreta/segreda]
 .. na que se obtén vence por ... [?]

 2009/10/16 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

  Copia definitiva dos estatutos (que é a que pasei na charla do irc e xa
  semanas antes)
 
  Se alguén sabe como poñer ben a numeración dos capítulos e eliminar a
  páxina sobrante por capítulo, adiante, vai tm anexo en formato .tex
  (mirarei isto mañán pola mañá, senón téñoo editado polo método
  tradicional). É unha chapuza xa o sei: aínda estou aprendendo LaTeX :)
 
  Estiven xogando un pouco co estilo. Se queres úsao como punto de
 partida
  para o documento definitivo.
 
  Eu estaba a botarlle un vistazo, pero gústame moito a túa versión... non
  coñecía nin scrbook nin scrpage2. Sempre usei fancyhdr, pero creo que
 vou
  cambiar. Usar Times tamén é un acerto, dá mellor acabado.
  O único que engadiría sería a opción openany en caso de que se queiran
  eliminar páxinas en branco entre capítulos, pero creo que impreso queda
  mellor tal como o tes ti.

 Home, quedar queda ben se é para imprimir. Como copia dixital toca
 bastante as narices ver tanta páxina en branco, pero como a idea é
 imprimir...

 Moitas grazas polo voso traballo.

 Ata logo,
  Leandro Regueiro

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

 --
 Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
 .ppt, .pptx

 Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
 (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

 Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
 galpon_min...@conf.jabberes.org

-- 
  Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

Re: [RECORDATORIO] Asemblea de fundación da Asociación Trasno

2009-10-16 Conversa Miguel Branco
olvidárao: 

a cota de inscripción no rexistro son 36€ a repartir entre os que vaiamos 
mañán

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Miguel Branco
eran typos, están corrixidos

Re: [Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Boas,

Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente.

Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está
nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles
proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente. Polo que
entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.

Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
xestión da información).

Un saúdo.
Felipe.

Re: Estatutos - copia final formatada

2009-10-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Miguel Branco escribiu:
 eran typos, están corrixidos
 
Erro na páxina 3 coa data, 1 de Novembro de 2009

Eu, Chaves e algún máis estaremos sobre a 1.30 no arco de mazarelos
agardando para xantar.

Agardámosvos se queredes o meu nº de teléfono enviádeme unha mensaxe a
este enderezo.

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrYh88ACgkQmLtmJqKk+bg3lQCdFlLVvxNPzf3tGpTIkqSvHveN
rXMAnjSJL7sBi/L5Xfmk1BWsRHGPXwLo
=nTA9
-END PGP SIGNATURE-

Re: [RECORDATORIO] Asemblea de fundación da Asociación Trasno

2009-10-16 Conversa Leandro Regueiro
 olvidárao:

 a cota de inscripción no rexistro son 36€ a repartir entre os que vaiamos
 mañán

Tamén esqueciches mencionar que se a xente non da atopado a Cova do
feo Fran Diéguez estará agardando onda o arco de Mazarelos (ou Porta
de Mazarelos) entre a 1:30 e as 2:00.

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: [Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Suso Baleato
Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
 Boas,
 
 Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente.
 
 Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está
 nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles
 proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente. Polo que
 entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.
 
A verdade é que sí, e por riba estamos tendo bastante sorte cos servidores.
Resumidamente, nestes momentos temos xa operativos:

   - Redirección dos dominios secundarios .eu e .info ao principal (.net)
   - Servidor Mailman (para as roldas de correo, con Apache2 SSL e Postfix)
   - Servidor IRC criptografado (para as xuntanzas virtuais, vai unha fotiño
 do MOTD (ascii artwork by Susana, fondo de WindowMaker + Konsole) :)

Agora estamos securizando servizos e documentando configuracións; nun rato
a partires das 20:00 xuntámonos no servidor IRC para avaliar os progresos e
priorizar tarefas; por suposto quen queira pasar está convidado/a.

Ademais están agora propagando polos DNS adiante os subdominios: wiki, foros,
e repositorio; será este último no que daremos de alta as contas scp/sftp para
a xente de CESGA e Trasno (ou quen a precisar) e almacenar ahí as copias de
seguranza e demais.

Personalmente, fai tempo que non desfrutaba tanto. Esto é unha gozada! :D

Saúde,

 Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
 meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
 máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
 a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
 se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
 xestión da información).
 
 Un saúdo.
 Felipe.
 
 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
http://susinho.pagina.de/
attachment: g11n_irc.png

Entrevista de xornal.com

2009-10-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Estanme solicitando unha entrevista dende xornal.com coa maior brevidade
posíbel xa que está facendo un análise extenso da situación do SwL
dentro de todo o movemento de asociacións.

Á mañán Denís como presidente do GLUG estivo tendo con eles unha longa
entrevista.

Teñen o meu correo e teléfono credes convinte que falemos con eles
mañán? Neste sentido me gustaría que o futuro presi fale con eles no
canto de eu, xa que non quero pisar competencias.

Decídeme e actúo en consecuencia.
Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrYtnoACgkQmLtmJqKk+bhY0wCeOW6NJvkCnVACezplU9UiXNvz
aKQAnA8jSnfeUMIBeqNQeoWQpI3q5vix
=ZFXP
-END PGP SIGNATURE-

Re: Entrevista de xornal.com

2009-10-16 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/16 Fran Dieguez lis...@mabishu.com

non creo que sexa pisar, pero pareceme que o máis axeitado é que remitas a
comunicación ó presi

 Decídeme e actúo en consecuencia.
 Saúdos

 - --
 Fran Diéguez
 http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
 GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

 -BEGIN PGP SIGNATURE-
 Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
 Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

 iEYEARECAAYFAkrYtnoACgkQmLtmJqKk+bhY0wCeOW6NJvkCnVACezplU9UiXNvz
 aKQAnA8jSnfeUMIBeqNQeoWQpI3q5vix
 =ZFXP
 -END PGP SIGNATURE-

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Entrevista de xornal.com

2009-10-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Adxunto copia do enquérito

 Como viches, pasoume Denís o teu correo. Comentoume el que mañá se
 constitúe en asociación o proxecto Trasno. Non sei se podo facerche a ti
 unhas preguntas ou me podes dirixir a alguén que poda respondermas. Só
 quero saber como é que se dá este paso e que cambio vai supoñer para o
 traballo dos voluntarios que colaboran nesta iniciativa. Pódesme axudar?
 Moitas gracias.

 Un saúdo,
 --
 Cris Souto
 Telf. 600 599 046
 cristina.so...@xornaldegalicia.com
 mailto:cristina.so...@xornaldegalicia.com
 www.xornaldegalicia.com http://www.xornaldegalicia.com

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrYuHsACgkQmLtmJqKk+bhYGwCZAfwVZvygJwP9272heuuKt5xC
qtQAniwDL8I5vf+4QJwmfods3nDL2JVL
=F7zq
-END PGP SIGNATURE-

[Fwd: Re: Solicitude de información sobre o proxecto/asociación Trasno]

2009-10-16 Conversa Fran Dieguez
Reenvío esta mensaxe á rolda de trasno.

Agardo por parte de Cristina non haxa ningún problema de privacidade por
facer público o enderezo de correo dentro da asociación.

-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

---BeginMessage---
Gracias, Fran.
Estou redactando unha información que ha saír publicada mañá, precisamente.
Recolle un pouco a opinión de Agasol e do Glug sobre os movementos da Xunta
de Galicia no sector (despedimentos, finalizacións de contrato, Mancomún no
aire...). Pensaba dedicarlle unha información complementaria a Trasno. A ver
que che di o futuro presidente. A miña intención era adianta-la nova. Dicir
que vos ides constituír en asociación, por que e con que consecuencias. Que
vos parece? Se non, tampouco hai problema en falar mañá.

Un saúdo,
Cris Souto

2009/10/16 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com

 -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
 Hash: SHA1

 Cristina Souto Fandiño escribiu:
  Boas tardes, Fran.

 Ola Cristina,

 agora mesmo acabo de pedir consello na rolda interna de Trasno xa que
 como podes entender non podo actuar por iniciativa propia, xa que somos
 un colectivo. En calquera caso mañá nos constituímos e compre que o
 futuro/inminente presidente sexa o representante da nosa opinión que xa
 levamos debatendo.

 Puntualizo que estamos encantados que a prensa difunda a nosa opinión e
 de a coñecer o proxecto pero tes que entenderme na solicitude de polo
 menos até mañá ás 6 da tarde para poder falar en persoa con tódolos socios.

 En canto o noso presidente me confirme a súa dispoñibilidade remítoche o
 seu enderezo e/ou teléfono.

 Desculpa polos impedimentos,

 Saúdos

  Como viches, pasoume Denís o teu correo. Comentoume el que mañá se
  constitúe en asociación o proxecto Trasno. Non sei se podo facerche a ti
  unhas preguntas ou me podes dirixir a alguén que poda respondermas. Só
  quero saber como é que se dá este paso e que cambio vai supoñer para o
  traballo dos voluntarios que colaboran nesta iniciativa. Pódesme axudar?
  Moitas gracias.
 
  Un saúdo,

 - --
 Fran Diéguez
 Desenvolvemento de Aplicativos Informáticos e  Servizos
 en Software Ceibe  -Galiza (ES)
 http://www.mabishu.com -   fran.dieg...@mabishu.com
 GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

 -BEGIN PGP SIGNATURE-
 Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
 Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

 iEYEARECAAYFAkrYuL8ACgkQmLtmJqKk+bgc7wCfSH2Q5mm0xGn1+LV759ofphGB
 1GMAn2UinK+oIInCE59vnTX0ijRT+WM9
 =+4+T
 -END PGP SIGNATURE-

-- 
Cris Souto
Telf. 600 599 046
cristina.so...@xornaldegalicia.com
www.xornaldegalicia.com
---End Message---

Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Miguel Bouzada
Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
13:40

alguén máis vai facer esa viaxe?

Para volver temos o último tren as 21:33 a non ser que poidamos estar
tranquilos se alguén volve, que as presas do xoves pasado (despois dunha
enriquecedora charleta que fixo perder a noción do tempo) non me apetece
volver a repetilas :-) (nonsí Anton?)

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
 13:40
 
 alguén máis vai facer esa viaxe?

Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero 
aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e 
todo, a volta é case seguro que hei tela que facer collendo o tren.

Malo será, ho!