Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs

2009-12-10 Conversa Miguel Branco
Respondo por lote:

O Mércores 09 Decembro 2009 09:11:13 mvillarino escribiu:
> > alternativas legais á federación (= asociación de asociacións),
> > (fundación?, instituto?), fusión de asociacións...
> Tedes 300 000 EUR ? non? entón ide esquecendo a palabra "fundación".
> De instituto deixa a ver (que non acho ren)

Creo que son 3, pero igualmente; as formas legais alternativas á de 
"federación" son para nós inexistentes. Pero como soou no debate, coméntoo. 

> a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
> 
> Si, nas condicións de federación. Isto implica, segundo a lexislación
> vixente, unha modificación estatutaria en cada unha das persoas
> xurídicas que vaian federarse.

> c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
> 
> Mande??? Supoño que o m.c.m. e en parágrafo á parte as demais cousas,
> excluíndo o termo "Linux" da redacción.

Non expuxen ben a preguntas :) . Estas dúas preguntas podense enlazar; é o que 
queremos que vaia no estatuto da federación. Os estatutos de cada asociación 
teñen que ser compatibles co da federación e inversamente. Así que os 
principios que se declaran como finalidades e actividades no noso estatuto 
deberían ir recollidos no da federación xa que somos probablemente os únicos 
que temos interese *exclusivo* por algúns deles. Identicamente farán os LUGs.

Mais, por exemplo, eu tamén faría que o estatuto recollese que a federación 
traballa a nivel orgánico en galego, sen prexuízo obviamente de que cada quen 
use a lingua que queira. Logo tamén se poden considerar política de licenzas 
de obras etc. Aquí tamén está o debate de se preferimos que isto vaia nun de 
momento eventual estatuto federal ou se se recollen nun documento de réxime 
interno da federación (susceptible de ser cambiado máis sinxelamente). Eu 
proporía intentar redactar un estatuto claro e preciso inda que tolerante en 
determinadas posturas, con tal de que outros grupos que se unan a posteriori 
saiban cales son as "regras" e ó mesmo tempo que poidan asumir eses 
principios.


> d) quen pode formar parte da asociación?
> e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
>  convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
>  "auditoría" dun membro socio?
> 
> Creo que a lexislación actual algo dí ao respecto. Os propósitos teñen
> que ir casando, e evidentemente teñen que ter as contas nun estado
> "auditábel".

Efectivamente. Na reunión falouse de permitir que se asocie todo grupo sen 
ánimo de lucro (obviamente persoa xurídicas e non físicas) que asuma os 
principios do SWL. Punto. Faltaría decidir como se fai o proceso de adhesión 
(e ollo porque este punto é pontecialmente poderoso porque aceptar un novo 
grupo supón cambiar a dinámica de voto na  asemblea!)

> f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
> xurídicas?
> Si, por que non?

Eu estou de acordo, é máis creo que é preceptivo se queremos ter cartos dalgún 
lado para facer cousas sen cobrar cotas. Pero na reunión non estaba claro así 
que pregunto para levar as cousas clariñas. 
 
> g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?
> 
> Apoquinando unha taxa en función do número de socios, por exemplo o
> equivalente ao IVA máximo que haxa no momento (1/5 dos ingresos totais
> teóricos por cotas (= num socios * cota asociado) )

Descoñezo se é posible legalmente tal como dis, pero paréceme xusto. Hai 
grupos que puidera non lle favorecer este método e se vaian opoñer. De feito 
na reunión a idea pivotaba darredor da idea de "socios activos".

> Semi-intervencionista, polo menos a nível partys (i.e., reducindo
> costes de quen floss=party), e reducindo custos fixos.

a priori gústame por onde van os tiros

> j) que tipo de directiva tería a federación?
> {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
> vogais...
> 
> a mínima que se poda; ten en conta as dificultades que nos supón a nós
> vernos, pois pon iso a nível coordinación do voluntariado floss en
> Galiza... para cagarse.

  Tema controvertido, eu non o teño claro

> k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa?
>  p.ex contratación de asesoría
> 
> A ver, que volo digo eu: externalización/outsourcing da contabilidade
> e xestión fiscal.

necesidade que fai que se queira formar a federación e mellor punto a favor :) 

Falábase (falei) de intermediación con entes públicos. Que opinión tedes ó 
respecto?



O Mércores 09 Decembro 2009 14:42:29 Leandro Regueiro escribiu:

> > e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
> > convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
> > "auditoría" dun membro socio?
> 
> Eu diria que calquera vale, despois teria que ser aprobado polos
> demais no caso de ser asociación... pensouse en ter a particulares
> como socios?
 
da federación non, amais creo que non é posible legalmente. 

> > h) como se mide o peso relativo das

Fwd: Localización de Grub2

2009-12-10 Conversa Leandro Regueiro
Reenvío á rolda.


-- Forwarded message --
From: Xose M (Pika) 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/12/10
Subject: Re: Localización de Grub2
To: Leandro Regueiro 


que eu sepa o grub2 aínda está en fase beta, sendo instalado só en
algunhas distribucións cando o son de xeito limpo (non
actualizacións).
O grub actual estable (0.97) ten un lote de anos e características que
non o fan axeitado para certas tarefas, polo que nos vindeiros meses a
maioría das distros basadas en debian farán este troco.

saúdos

En Wed, 09 Dec 2009 12:28:11 +0100, Leandro Regueiro
 escribiu:

> 2009/12/7 Fran Diéguez :
>>
>> Ola rapaces,
>>
>> como algúns de vós se puido dar de conta o novo Grub2 non é localizábel
>> debido a que non teñen implementado a compatibilidade.
>>
>> Deixando claro que baixo o meu punto incluír Grub2 é un atraso sustancial
>> (sen compatibilidade de protección por contrasinal, localización e arrinque
>> por rede...).
>>
>> En fin que veño de recibir unha discusión en Ubuntu na que se fala de que se
>> está a traballar nese senso.
>>
>> O principal tema e que están no proxecto translationproject.org
>> http://translationproject.org/domain/grub.html
>> e xa hai algunha información no sitio web orixinal
>> http://grub.enbug.org/AboutInternationalization
>>
>> [1] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-01/msg00082.html
>> [2] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-01/msg00118.html
>> [3] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-04/msg00181.html
>> [4] http://www.mail-archive.com/grub-devel@gnu.org/msg13899.html
>>
>>
>> Pode algun dos que estades dentro do translationproject seguirlle a pista a
>> isto.
>
> Non sei. Quizais, aínda que non sei como. Igual Tsao sabe algo máis do tema.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.


--

-  Xose M.  -