[Terminoloxía] Novo ficheiro/documento vs. Ficheiro/Documento novo

2011-04-09 Conversa Miguel Bouzada
Despois de formularlle unha dúbida ao noso insigne (é oficial :-D) lingüista
fixo unha das súas aclaratorias que creo que é preciso compartir.

A miña pregunta:
*Bótalle un ollo a isto... son as tradus de LibreOffice para a interface
Unity
teño a dúbida na última... puxen cousas como:
Base de datos nova, teño para min que quedaría mellor Nova Base de
datos, mais teño a dúbida dese B de base, maiúsculo ou minúsculo ?
*

É algo que me veño preguntando ultimamente

Por que soa peor ler nos menús dun aplicativo  Ficheiro novo  e soa mellor
Novo ficheiro.

En principio vai contra o sentido normal da lingua... pero creo que a clave
é que non son o mesmo. Preferir ficheiro novo é unha recomendación de
estilo moi antiga, que xeralmente se pode aceptar como a forma máis natural,
menos marcada, pero nestes casos creo que non. Entramos noutro terreo. Por
un lado temos o estilo sintético, nominativo, case telegráfico que nos fai
prescindir do verbo correspondente.

(Crear/Abrir un) Novo ficheiro isto non é unha descrición senón unha
orde

Isto quere dicir que é outro máis, que se vai incorporar algo do mesmo
tipo pero unha novidade

Este é un ficheiro novo  isto é unha descrición

Isto quere dicir que o ficheiro é recente, actual, que ten pouco tempo. Así
que abrir un ficheiro novo quere dicir que os vellos non os buscamos para
abrir. Non é iso o que queremos expresar.

En resumo que son dous valores sutilmente diferentes do adxetivo novo
xunto co feito de encontrarse en frases de distinta intención (imperativa
--facer-- /afirmativa --ser--). Por aí tería sentido que aos nosos oídos o
valor de executar unha acción, que engade ou incorpora algo sería
novo+alcalde que é moi distinto de ser alcalde+novo. Non é mesmo dicir
está facendo unha nova actividade (como continuación dunha serie) que
está facendo unha actividade nova (non vista ata agora). O complicado é
que os falantes xogamos coa énfase e o peso expresivo pero creo que se
entende.

O que me facía desconfiar é o feito de que o castelán preferise esta mesma
colocación. Como o castelán é unha lingua dominante que interfire na nosa
sintaxe de modo grave... pois iso, pero despois de ver que os brasileiros
fan exactamente a mesma construción xa me convenzo que non se trata dunha
perversión moderna é que é o adecuado para nós. Facer o contrario sería caer
no outro extremo, a hipercorrección.


Noutro correo engade...

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Tradución da nova documentación de GNOME 3

2011-04-09 Conversa Fran Dieguez
Ola a tod@s,

como ben sabedes o GNOME 3 xa foi publicado, porén existe documentación
nova creada desde cero que precisa da súa tradución. 

Realmente non é moi complicada a súa tradución xa que toda ela está
orientada a resolución de erros (topic-focused) e empregando memorias de
tradución simplificase moito a tarefa.

Como en 20 días se publica a versión 3.0.1 do GNOME é unha boa
oportunidade para darlle un pulo e, deste xeito, os usuarios poderán
gozar do GNOME en galego coas súa correspondente documentación.

Se estades interesados en colaborar podedes consultar unha lista da
documentación dispoñíbel na seguinte ligazón:
http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-0/doc/
Aquí poderedes diferenciar entre a nova documentación e a antiga xa que
a nova documentación ten unha icona con un circulo azul (símbolo de
Mallard).

Indicar ademais que tamén podedes colaborar na tradución do GNOME en
calquera momento enviando unha mensaxe á rolda gnome-gl-l...@gnome.org
onde o coordinador vos indicará os aplicativos máis axeitados.

Saúdos
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of GNOME L10n Galician Team  GNOME member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@gnome.org

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto