2013/6/8 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>: > Acordouse «aplicativo» como tradución para «application». Pero non se acordou > nada sobre a tradución para «program», que supoño que sigue sendo «programa».
Ao non haber un acordo cadaquén tradúceo como lle peta. Se non estou equivocado téñoo visto traducido como «aplicativo» e tamén como «programa». > Creo que son poucos os casos nos que se necesita diferenciar entre un e outro > (sinceramente non me ven ningún á cabeza, pero imaxino haber pode haber ou > senón non me queda claro o por que de «aplicativo»), e son máis os casos nos > que en inglés optan por un ou polo outro para referirse ao mesmo, ou usan > «program» e «application» indistintamente. > > Nos casos dos que falo (incluídos os casos en que se usa «application» pero > nos que non fai falla diferencialo de «program»), sería correcto usar > «programa» como tradución? (traducindo o concepto e non a palabra) Eu en principio non vexo problema en traducilo todo do mesmo xeito, pero non é que lle dera moito á cabeza. Evidentemente no caso de que «program» non se refira a un «programa informático» traducilo como «aplicativo» non lle acae ben. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto